A agresión imperialista define a historia do pobo turco, dende o seu berce na Asia Menor dos séculos XII e XIII. Agresión que se manifestou na conquista dos Balcáns no século XIV e de Constantinopla no 1453, onde ducias de milleiros de civís foron mortos e escravizados. No século XVII Grecia foi conquistada tamén. Dende fins do século XVI até 1830-1840 centos de milleiros de persoas europeas foron mortos ou cativos polos piratas de Alxer e da Berberia otomana coa finalidade de convertelos en escravos, chegando mesmo ás Illas Británicas, Países Baixos e Islandia. Galicia, desprotexida polo reino de Castela, pagou tamén o seu tributo de sangue coa destrución de Cangas (1617), que nos custou máis dun cento de mortes e douscentos cativos que nunca voltaron do Norte da África.
No 1908 os militares nacionalistas (Mozos Turcos) impuxéronlle ao Sultán otomano un Goberno que desenvolveu o xenocidio dun millón de armenios (1915). No 1922-1923 o Goberno leigo de Atatürk (que depuxera meses antes ao Sultán) desenvolveu unha terríbel limpeza étnica da poboación grega da Asia Menr, o seu fogar por tres mil anos. No 1974 os turcos invadiron Chipre e ocuparon o seu terzo norte, onde seguen arestora, malia a condena internacional.
O Kurdistán é unha nación que se extende polo territorio dos Estados turco, sirio, iraquiano e iraniano. Foi formalmente recoñecido como Estado no Tratado de Sèvres (1920), nunca recoñecido por Atatúrk, que acadou a medio da guerra das potencias europeas a anulación deste recoñecemento no Tratado de Lausanne (1923). As milicias kurdas, nomeadamente as femininas, foron as principais responsábeis da derrota no norte de Siria e Iraq do Estado Islámico (ISIS) no 2016. Tanto no norte de Siria como no norte de Iraq os kurdos foron quen de crear estruturas de goberno que respectan ( en liñas xerais) os dereitos humanos, a igualdade da muller e a liberdade relixiosa. En setembro de 2017 o Kurdistán iraquí aprobou a creación dun Estado independente no seu territorio autónomo con case o 93% dos votos.
Dende o 9 deste mes Erdogan e os seus aliados árabes islamitas masacran a poboación civil kurda coa pasividade USA, que retirou da rexión as súas tropas e coa complicidade española. Si, leron vostedes ben. Unha batería de misís Patriot das FF.AA. españolas protexe á base aérea turca de onde saen os avións que matan os civís kurdos.
O Kurdistan non ten case altofalantes na Europa. Seguiremos a contar a súa loita desigual. A súa loita pola supervivencia contra Erdogan, o xenocida.



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



