Inseguridade e tristura, esas son hoxe as sensacións máis claras da clase traballadora galega: estaleiros, As Pontes, Meirama, alcoa, isowat… os traballadores e traballadoras viven sistematicamente coa sensación de non poder facer plans de futuro diante do triste panorama industrial. Galicia está hoxe en risco en emerxencia social e laboral, pero os noso dirixentes seguen como se nada falando de Cataluña, sen artellar medidas que transformen Galicia nun marco estable de emprego e inversión.
Outra cara de esa inseguridade, menos visible pero moi dura, é o continuo peche de pequenos comercios nas vilas e pobos de Galicia. Pouco a pouco as luces de escaparates e de carteis van deixando paso ao papel de estraza e os carteis laranxas de: alúgase, traspaso, véndese …por certo de facturación chinesa. 4.000 empregos autónomos en risco de desaparecer, e as conseguintes 4.000 familias en risco de perda da súa forma de vida. Pero a morte de este sector é tamén un dardo no centro da identidade galega. O comercio era o imán de atracción e de vida nos pobos, un acto de intercambio de cultura de partillar novas…esa identidade tan galega de ir a vila a ver aos coñecidos, tomar unha cunca e mercar algo estase a perder, perdendo tamén parte do noso ser como pobo.
Imos vendo como as vilas se baleiran e todo o movemento que xeraban, a riqueza vai esmorecendo. Dende as diferentes administracións non se buscan saídas, nin tan sequera conversas co sector. Todo son macro anuncios de cidades TIC de compromisos co naval e un logo etc.
A noutrora puxanza comercial de Vilas como: Viveiro, As Pontes, Vilalba, Monforte, Ribeira, Burela, Ortigueira, Ribadavia, A Estrada … deixa ver un paisaxe de marrón estraza nas ventás e de rúas sen xente. Cómpre unha acción política que volva á vida estes centros de cultura galega que eran as nosas vilas.
Aínda algún comerciante, vaia cada día facer caixa, pensando en como pagar a luz, os impostos, o material, os salarios… aferrándose a o que un dia foi un sono dunha vida mellor e lembrando aqueles veciños tamén comerciantes que xa baixaron a persiana de forma definitiva. De súpeto mira pasar unha furgoneta de reparto cargada de produtos de plataformas de internet e pensa que xa non val a pena estar naquela tenda.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



