Nota de Prensa
Os nacionalistas consideran un despropósito as solucións que o POL ofrece para este núcleo.
O BNG organiza mañá un acto sobre o POL na Ría de Abres.
O Bloque Nacionalista Galego vai organizar mañá sábado 27 de Marzo ás 20:30 do serán no Mesón Fornacho da Ría de Abres unha charla informativa sobre o impacto do Plano de Ordenación do Litoral no Concello de Trabada no que participarán Antonio Veiga e Ramón Ermida.
Os nacionalistas organizan este acto na Ría de Abres por tratarse do núcleo de Trabada máis afectado por este Plano urbanístico que afecta no total do Concello 199,19 hectáreas das que 86,67 se sitúan por riba da franxa dos 500 metros e que se corresponden co que documento define como áreas de xestión. O BNG afirmou que considera un auténtico despropósito as propostas e solucións que o Plano de Ordenación Litoral establece para o Concello de Trabada , na medida que significa unha hipoteque para o desenvolvemento urbanístico do Concello e impide unha ordenación territorial que faga posíbel un crecemento sustentábel coas potencialidades de futuro que se lle poidan presentar a Trabada.
Os nacionalistas informaron que 82,50 hectáreas se corresponden coa zona de protección, 12,76 coa zona de mellora ambiental e paisaxística e 104,93 coa zona de ordenación. A área de ordenación correspóndelle ao Concello determinar os usos, na área de mellora ambiental e paisaxística farana o Concello de acordo coa Xunta e na área de protección, quen determina os usos é o Goberno galego, non permitindo ningún uso de tipo residencial. Na mesma liña, continuaron os nacionalistas hai que recordar que área de protección divídese entre o de protección ambiental(costa) e protección de corredor(rios) que en Trabada representan en cada caso 72,46 hectáreas e 9,03 hectáreas respectivamente, polo que a maiores dos núcleos costeiros da Ría de Abres , tamén se prohiben usos residenciais en Vilafernando. Neste sentido queren denunciar que incluso deixan fora de ordenación unha nave industrial no empalme de Vilafernando.
O BNG de Trabada denunciou que o Plano establece usos do solo sen atender a criterios regrados, na máis absoluta discrecionalidade, plantexando solución distintas para realidades que son iguais, criando inseguridade xurídica e abre a porta ao urbanismo a carta. O PP tenlle que explicar varias cousas aos veciños de Trabada , empezando por recoñecer as súas mentiras da campaña electoral, pois está a prohibir usos residenciais por riba dos 500 metros, e a seguir por responder por que entra a saco na capacidade de planificación dos Concellos, por contestar por que o nivel de protección en Trabada acada este grao. Neste sentido consideran como un disparate que a área de xestión do Plano chegue a pobos como Vilafernando ou Leirado que se sitúan a máis de un Kilometro da delimitación de Costas.
Asemade o BNG considerou particularmente grave que o Plano veña a prohibir usos residenciais en varios solos que teñen a consideración de urbanos no Planeamento en vigor en Trabada como acontece no lugar da Alameda ou Pedrido na Ría de Abres. Nesta liña os nacionalistas queren advertir que o Plano de Ordenación do litoral deixa fora de ordenación a totalidade das edificacións existentes na Ría de Abres a unha beira e outra da N-640, o que significa a efectos prácticos que o seu valor catastral pasa a ser cero e que nesas vivendas só se poderán facer obras de conservación, nunca obra nova. Nesta dirección hai que ter en conta que se prohibe tamén calquera uso residencial nos terreos existentes á beira da estrada xeral na Ría de abres o que crea un prexuízo importante para este núcleo.
Os nacionalistas informaron que este documento vai determinar calquera Plan Xeral futuro de Trabada posto que as súas disposicións, teñen que axustase ao POL polo seu carácter supramunicipal, e como é obvio as consideracións dos dous documentos entran en contradición.Asemade tamén hai que ter en conta a resposabilidade municipal a hora de non ter adaptado o planeamento a lexislación provoca unha maior indefensión para o noso Concello, na medida en que pode darse o paradoxo que se clasifique como solo de protección, solo que na súa realidade fáctica teña mesmamente a consideración de urbano consolidado.
Xa por últimos desde o BNG de Trabada solicitan ao Concello a que presente as suxestións pertinentes ao documento da Xunta, prazo que a Consellaría ven de ampliar até o dous de Maio, a fin de salvar diversas zonas do Concello que ao que as que vimos de citar fican absolutamente hipotecadas. Asemade os nacionalistas póñense a disposición dos veciños de Trabada que queiran coñecer como quedan as súas vivendas e as súas parcelas a fin de darlle a información oportuna.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



