Lugo, 19 deoutubro, 2019.“Son os Orzamentos do cumprimento e están feitos por e para os veciños desta provincia”. Con esa afirmación a presidenta provincial, Elena Candia, pon en valor a xestión que levará a cabo a Xunta de Galicia en 2020 coa aplicación das contas aprobadas este xoves polo Consello autonómico, e que ascenden a 90 millóns de euros.
En total, esta administración investirá na provincia con respecto ao exercicio anterior máis de 230 euros máis por lucense, sendo Lugo a provincia que acapara o maior investimento por habitante de toda Galicia. “Isto non é unha cuestión menor, sobre todo, cando o importe destinado á provincia supera o da Deputación e mesmo o do Concello da capital e tamén cando as demandas da provincia non están a ser atendidas por outras administracións como a do Estado”. Refírese Candia a que o Goberno de Sánchez aínda non foi quen de dar unha solución aos dous problemas máis importantes que ten hoxe a provincia en materia de emprego coa grave situación que atravesan Alcoa e Endesa.
Pola contra, o Executivo de Feijóo “cumpre”, e faino con iniciativas como o desenvolvemento do Polo Aeroespacial de Rozas, ao que destina 15,4 millóns, e cos que se levarán a cabo proxectos de I+D promovidos por Indra, Babcock e Boeing en colaboración con máis de 30 pemes, universidades e centros de coñecemento; aceleradora BFAero, que xa ten aberto o prazo para a segunda edición; a construción do polígono industrial de Rozas e a creación dun centro de experimentación de cargas aerotransportadas en Castro de Rei.
“É unha satisfacción comprobar como en Galicia temos un Goberno que fai os deberes, que cumpre cada unha das promesas asumidas coa nosa provincia, reflictíndoas no documento que avala a xestión, o dos Orzamentos. Díxoo o presidente, que o seu compromiso era cos galegos e, por tanto, cos lucenses. Esta é mostra palpable de que temos un presidente do que nos podemos fiar, que o que di se cumpre. Por iso, con total humildade, só poido estar agradecida de que teña tan presente a miña provincia na súa axenda política e administrativa”, afirma Elena Candia.
Neste senso, sinala que “están feitos en tempo e forma”, a diferenza do Executivo Central que “non foron capaces de aprobalos”. Por tanto, di, “Galicia non só Goberna, senón que xestiona e cumpre”.
As contas máis sociais
A dirixente dos populares lucenses pon en valor, ademais, que sexan as contas “máis sociais de todas a que leva aprobado a Xunta marcando máximos nos fondos destinados á Sanidade lucense”. Proba delo, son os case 7 millóns para o primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia, que se situará en Lugo, ou os case 2 millóns para a segunda fase da ampliación e remodelación integral do Hospital da Costa.
Reequilibran o territorio
Pero tamén inciden, segundo apunta a popular, no reequilibrio territorial. E isto será posible coas partidas da consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que reserva para a provincia de Lugo investimentos por 47 M€, destacando os 3 millóns para a conversión en autovía do Corredor entre Láncara e Sarria ou os máis de 2 para a VAC Costa Norte e mellora LU-540.
Servizos básicos e Educación e Cultura
E tamén inclúen servizos básicos para os cidadáns que, nalgúns casos están a ser moi demandados, ademais de outras actuacións en materia de Educación e Cultura, como pode ser a construcción do novo CEIP Sagrado Corazón en Lugo (3.500.000), entre outros centros.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



