Lugo, 20 de outubro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, remarcou que as próximas Eleccións Xerais son unha oportunidade para que poñer remedio ao “desprezo permanente” do Goberno central con Galicia e cambiar meses de “enorme frivolidade” por políticos incapaces de gobernar. Así, animou a converter a desgana pola nova cita coas urnas en ganas por unha “época de normalidade”.
E é que, tal e como apuntou, “nunca antes” houbo o menosprezo co que o Executivo de Pedro Sánchez ten tratado á nosa comunidade nin tampouco o dano que lle está causando á nosa industria: “É difícil facelo peor”. Para Feijóo, non se pode admitir que o Goberno de España pretenda revestir de verde as súas improvisacións, os seus bandazos e a súa ausencia de solucións e alternativas, tal e como está a facer coa central térmica das Pontes, con Ence ou coa industria forestal; nin tampouco permitir a frivolidade que ten futuro de Alcoa ou co AVE. “Non vou calar”, subliñou o líder do PPdeG, quen se amosou preocupado pola situación da industria,
O PP SAE A UNIR, A GAÑAR E A GOBERNAR
Fixo fincapé en que, o vindeiro 10 de novembro, os galegos teñen a oportunidade de poñer fin á decepción, á irresponsabilidade, á inestabilidade, á ausencia de solucións aos problemas económicos incipientes e ás afrontas a Galicia. E, para iso, Feijóo avogou por unir o voto no Partido Popular, para que o país recupere o crédito que está perdendo e se poña a funcionar desde xa. Neste senso, asegurou que o PP “sae a unir, a gañar e a gobernar”; e sostivo que é unha formación de maiorías, de goberno e con sentido de estado.
Tal e como indicou, “coa división gaña quen busca dividir e perdemos todos”. Así, explicou que os máis de 28.000 votos que acadaron Ciudadanos e Vox na provincia de Lugo non supuxeron ningún escano para eses partidos, pero si prexudicaron que o PP puidese obter máis, polo que quen saíu beneficiado foron os socialistas.
Así mesmo, o líder dos populares galegos amosouse seguro de que a inmensa maioría dos españois, independentemente do que votasen o pasado mes de abril, non queren que esta situación de inestabilidade se prolongue no tempo. “Unha inmensa maioría que sabe que a solución non é socialistas, populistas e independentistas, nin fracturar o país, senón traballar e buscar solucións”, engadiu. Por iso, incidiu en que o PP “é a única opción que garante a gobernabilidade do país”. Un partido, dixo, que pode asegurar goberno, responsabilidade, estabilidade, solucións e compromiso con Galicia.
RECUPERAR O MÚSCULO DO PARTIDO POPULAR
“O próximo 11 de novembro, España ten que poñerse en serio a traballar”, recalcou Feijóo ante a preocupante situación económica e incidiu en non arrepentirse do tempo e do diñeiro que se está a perdendo por mor deste executivo.
Para rematar, o presidente do PPdeG destacou que non hai un Goberno de España nin tan sequera en funcións, senón en campaña electoral, que, ao longo destes quince meses, incumpriu coa nosa comunidade, non foi quen de aportar ningún tipo de solución e creou problemas novos. Por todo iso, Feijóo avogou por activar o partido para “recuperar o músculo” do PP, que é, continuou, o músculo de Galicia e de España.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



