Nota de Prensa
Daniel Vega: “temos que loitar para defender os intereses e as inquedanzas que temos os xóvenes cando emprendemos a nosa vida”
* O presidende de NNXX de Ribadeo asumiu hoxe o liderazgo da xunta xestora provincial nun acto no que foi arroupado polo seu antecesor, Antonio Basanta, polos presidentes das demais agrupacións provincias, Javier Dorado, Javier Escribano e Roberto Ameijeiras, e pola máxima responsable rexional María Seoane
Lugo, a 27 de marzo de 2010.- Daniel Vega releva a Antonio Basanta ó fronte da xunta xestora de Novas Xeracións na provincia de Lugo que tomará as rendas da agrupación ata que se convoque o congreso no que se elexirá a nova executiva.
O traspaso de competencias fíxose efectivo hoxe nun acto desenvolvido na capital da provincia ó que asistiron a presidenta de NNXX de Galicia María Seoane e os outros tres responsables provinciais, Javier Dorado (Pontevedra), Javier Escribano (A Coruña) e Roberto Ameijeiras (Ourense).
A presidenta da xunta xestora no concello de Lugo Cristina López foi a encargada de dar a benvida ós asistentes e abrir o acto. Antonio Basanta indicou pola súa banda que estaba seguro de que NNXX Lugo queda “en moi boas mans” co equipo que encabeza Daniel Vega, quen, segundo dixo, “deu xa sobradas mostras do seu benfacer ó fronte da agrupación de Ribadeo”. E encargoulles “demostrar o puxantes, dinámicos e comprometidos que somos os xóvenes da provincia de Lugo”.
f
O xa novo presidente da xunta xestora na provincia Lugo, que tomou o relevo no uso da palabra da presidenta rexional María Seoane, tivo verbas de agradecemento para o seu antecesor “por estar sempre apoiando cada proposta e cada acto que fixemos dende Ribadeo”, para o máximo responsable do PP en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, “por todo o cariño que demostrou hacia Novas Xeracións, tendéndonos a súa man en cada idea e en cada iniciativa”, e tamén para o presidente provincial José Manuel Barreiro que, segundo indicou, “demostrou e está a demostrar un gran interese en que Novas Xeración teñan peso e presencia dentro do Partido Popular”.
Tamén agradeceu “de corazón” ós integrantes de Novas Xeracións de Ribadeo “o traballo desenvolvido, baseado no esforzo, na constancia e, o máis importante, no compromiso co Partido Popular”.
Vega avogou porque “este proxecto que hoxe comezamos continúe despregando as súas velas e saque adiante este barco no que remaremos todos” e adiantou que a agrupación de NNXX na provincia de Lugo, como representantes dos mozos e mozas desta provincia, “temos que loitar para defender os intereses e as inquedanzas que temos os xóvenes cando emprendemos a nosa vida”. Unha loita que, segundo suliñou, pasar por traballar para que o Partido Popular goberne en todos os concellos da provincia.
Sobre os 15 integrantes que conforman a xunta xestora, Daniel Vega dixo que “representan claramente a toda a provincia de Lugo e é un grupo onde non faltará a ilusión, as gañas de traballar e o compromiso co partido, coa provincia e con Galicia”. “Con traballo, con dedicación e todos remando hacia o mesmo porto, Novas Xeracións será cada día máis forte”, concluiu.
XUNTA XESTORA
NOVAS XERACIÓNS DO PP
NA PROVINCIA DE LUGO
Presidente: Daniel Vega Pérez
Secretaria General (zona sur-Sarria): Noelia Díaz Bruña
Secretaria General (Lugo Cidade): Cristina López Rois
Secretaria General (Terra Chá-Vilalba): Vanessa Paredes Pardo
Portavoz: Carlos Díaz Bande (Lugo)
Vicesecretaria Economia-Vivenda e Industria: Fernando Carreiras Gonzalez (Cospeito)
Vicesecretaria Traballo, Benestar e Familia: Lorena Garcia Osorio (Taboada)
Vicesecretaria Medio Rural, Medio Ambiente e Forestal: Juan Fco Lopez Prieto (Trabada)
Vicesecretaria Educación, Universidades e Cultura: Juan Antonio González Vázquez (Lugo)
Vicesecretaria do Mar: Vicente Vázquez Chao (Viveiro)
Vicesecretaria Deportes: Antonio Recalde Seivane (Lourenzá)
Vicesecretaria de Movilización e afiliación: Juan Manuel López Moirón (Sarria)
Vicesecretaria de acción electoral: Rodrigo Rodríguez López (Chantada)
Vicesecretaria de Mullere en Igualdade: Patricia Rivera Lorenzo (Bóveda)
Gabinete de Prensa: Juan Antonio Gallego Prieto (Cervo)
Adrián Mourelle Abruña (Lugo)





















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



