Mondoñedo, 25 de outubro, 2019. Dende a Asociación As San Lucas, formada por mulleres e homes que traballan de maneira altruísta e comprometida por As San Lucas, as feiras e festas máis antigas de Galiza, buscamos que todo aquel que vén a elas se sinta ben acollido, as viva e as desfrute, sexa como visitante, comerciante ou artista.
Por iso, tralo acontecido na última edición das Feiras e Festas das San Lucas, concretamente trala suspensión do concerto do Sr. Xabier Díaz durante o Festival Intercéltico, queremos aclarar o sucedido e lamentar a falta de veracidade no comunicado remitido polo artista. Enviamos este comunicado, despois de agardar varios días, confiando en que Xabier Díaz reflexionase e rectificase as súas declaracións axustándoas ao acontecido e non levase o que é un problema persoal del ata algo tan bonito e histórico como son as San Lucas.
De todos é coñecida a traxectoria da Asociación na defensa da lingua e a cultura galega. Nas últimas edicións das feiras e festas participaron, entre outros, artistas tan destacados como Carlos Núñez, Cristina Pato, Xosé M. Budiño, Susana Seivane, A Banda da Loba, Toxos e Frores, Cántigas da Terra, Arco da Vella e un longo etcétera. Rendemos homenaxes a Pascual Veiga, as Irmandades da Fala ou a Noriega Varela.
Co ánimo de mellorar cada ano, programamos para a pasada edición das San Lucas un Festival Intercéltico que se viu deslucido pola retirada motu propio pouco antes do inicio de Xabier Díaz.
O festival arrancaba coa actuación dunha agrupación de gaiteiras e gaiteiros da Mariña (das agrupacións Misturas e Soutoximaro) ofrecida desde o alto das torres da Catedral. Este inicio sen igual estaba previsto para as oito en punto da tarde, pero atrasouse un cuarto de hora por mor das inclemencias meteorolóxicas e pola dificultade de acceso ás torres.
De seguido actuaría Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, para poder dar cumprimento ao condicionado do seu contrato, no que se recollía que a súa intervención debía comezar antes das 22:30 horas, sendo o único artista que puxo horario para a súa actuación. Seguindo a escaleta do festival, o seguinte grupo en ofrecer o seu concerto sería Lúnasa, seguidos de Gwendal e pecharía Bras Rodrigo.
As moi malas condicións meteorolóxicas por todos coñecidas, algún problema técnico de última hora, xa que foi necesario mover a mesa de son un metro para mellorar a proxección do videomapping, máis as probas de son con cada mochila vibratoria para que os asistentes con xordeira puidesen desfrutar dos concertos e que é necesario realizar con cada grupo participante, fixeron que fose acumulándose algo de atraso. Cando lles tocaba iniciar as probas de son a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que eran os últimos en facelo por ser os primeiros en actuar (procedemento habitual en tódolos espectáculos deste tipo), o desfase no horario era de non máis de 45 minutos sobre o previsto.
Debido a todos estes feitos relatados, púxose en coñecemento de tódalas agrupacións participantes no Festival Intercéltico das San Lucas que o inicio do mesmo posporíase para as 20:30 horas, media hora máis tarde do anunciado e que Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre empezarían a súa actuación ás 20:45 ou 20:50h ou se fose necesario mais tarde, non habería impedimento por parte da organización do evento. A disposición por parte de tódolos grupos foi excelente, agás por parte de Xabier Díaz, a pesar de que, aínda cos cambios, respectábanse as condicións que figuran no contrato.
A Asociación As San Lucas, despois de tódolos feitos acontecidos e as declaracións vertidas por Xabier Díaz, considera que debe poñer en coñecemento público o sucedido.
1.- Cando Xabier Díaz decidiu irse, ás 19:17 horas, o número de liñas solicitado no contrato polo artista xa estaban instaladas no escenario para que comezara as probas, co seu técnico posicionado na mesa de son e rematada a proba do grupo anterior.
2.- O tempo de probas de son do que dispoñía Xabier Díaz axustábase ao que figura no contrato (75 minutos) e podería rematar, como moi tarde, quince minutos antes do inicio do festival. Téñase en conta que todos aceptaron o atraso do comezo do festival.
3.- Xabier Díaz declarou discriminacións sexistas que polo que respecta ao desenvolvemento deste evento É ROTUNDAMENTE FALSO. Ademais de Isabel road manager de Xabier Diaz e as Adufeiras, tamén estaban Belén, representante de Bras Rodrigo e as mulleres da súa banda; Miriam Aller, encargada das mochilas vibratorias CEO de Entresignos e Olaia, técnico de monitores. Ningunha manifestou sentirse discriminada, nin infravalorada. Ao contrario, todas agradeceron a profesionalidade dos diferentes sectores implicados no evento e o bo ambiente de traballo, onde todos arrimábamos o ombro e todos e todas eramos un mesmo equipo.
4.- Na edición que vimos de celebrar das San Lucas programouse un festival de nacións celtas onde habería un representante de Galiza e outras tres nacións. Por Galiza decidiuse que o grupo invitado fose Xabier Díaz e Adufeiras; por Asturias Bras Rodrigo e a súa banda; por Irlanda, Lunasa e por Bretaña, Gwendal. Todos eles demostraron ser uns grandes artistas que o deron todo ao público congregado na praza da Catedral de Mondoñedo a pesar da choiva persistente chegando incluso a ampliar voluntariamente a duración das súas intervencións para encher o oco que deixou Xabier Díaz. Por decisión unilateral e persoal de Xabier Díaz, Galiza quedou sen representación, algo que causou gran desgusto á organización.
A data da súa actuación era o 19 de outubro do 2019 antes das 22:30 horas, como estaba acordado, onde o seu público o esperaba ao lado dos seguidores dos outros grupos que aproveitaban para coñecer o seu traballo.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



