Burela, 29 de outubro de 2019. A axenda cultural do Concello de Burela para o mes de novembro inclúe teatro afeccionado para adultos e nenos, unha charla sobre alimentación saudable centrada na dieta atlántica, unha exposición fotográfica do club Imaxe de Burela e a V Festa da Castaña, que terá lugar o día 8 a partir das sete da tarde. Ademais de castañas, bebida e bolos preñados haberá sorteo de vales de compra da Acia local, a actuación de Ledicia e un obradoiro para os máis pequenos da man de Gaia.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “xa temos preparada a programación do mes de novembro en Burela. Todos os eventos que hai este mes son gratuítos porque imos ter bastante teatro afeccionado con grupos que xa estiveron aquí e outros que debutan”.
O edil subliñou: “me gustaría destacar a presenza de Adala Infantil, o grupo de teatro de Fazouro, que ven por primeira vez aquí cunha obra. Son nenos que levan xa anos neste grupo de teatro e paréceme moi interesante que estean en Burela porque son un bo exemplo para que anime aos colexios a ter tamén grupos de teatro. Mesmo aquí en Burela sería xenial que tivéramos tamén un. Estará o día 23, ás seis da tarde, cunha obra que se titula ¿Qué pasou no camiño?. Os adultos do grupo Adala estarán o día anterior, o venres 22. Completamos o resto de programación con cine infantil como sempre no auditorio, e destacar a actuación do grupo noso de aquí de Burela, O Torques, que presenta nova obra o venres 29, que se chama Cea de familia e que dirixe Juan Vilariño. Tamén esperemos que teña boa resposta”.
Díaz engadiu que “ademais temos este mes de novembro o Festival de Danza e de Música tradicional de Ledicia que será o 30 de novembro ás sete da tarde. Tamén estarán Os Trocos, que estiveran aquí no ano 2015, cunha obra que fixéramos ao aire libre, na praia, e tivera moito éxito. É un grupo que prepara moi ben as obras e merece a pena velo. Teremos tamén unha charla sobre alimentación saudable, en concreto sobre a dieta atlántica. Estamos moi habituados a oír falar da dieta mediterránea pero nesta ocasión, patrocinado por Vegalsa, vannos falar da dieta atlántica, de que comidas inclúe e todo o relacionado con ela. Será o martes 12 ás oito da tarde no salón de conferencias de Burela”.
O concelleiro de Cultura comentou que “dentro deste mes temos tamén a quinta Festa da Castaña, que empezamos a facer en 2015 e seguimos adiante, organizada entre o Concello e a Asociación de Asadores de Burela, que é un grupo de persoas que se implican en moitos dos eventos culturais e de ocio que se fan no pobo, no Entroido e en moitas máis cousas. Esta festa será na praza da Mariña o día 8 de novembro ás sete da tarde. Entregarase un cucurucho de castañas con bebida e un bolo preñado por 2 euros, e ás nove e media farase un sorteo de varios vales de compra da Acia de Burela aos que lles agradecemos a súa participación nesta Festa da Castaña. A verdade é que empezou un pouco por probar, vimos que tivo boa resposta por parte da xente e facemos esta pequena homenaxe a un produto que foi moi importante en épocas de escaseza e nos que a castaña era un elemento básico na alimentación. Contaremos nesta festa tamén coa participación de Ledicia, que actuará na praza da Mariña, ademais dun taller que organizará Gaia sobre artesanía con castañas e para apuntarse hai que chamar a Gaia. Está destinado aos máis pequenos e pequenas”.
José Díaz sinalou que “durante este mes de novembro teremos unha exposición, que se inaugurará o 4 e que estará ata o día 27 na sala de arte da Casa da Cultura, que fai o Club Imaxe de Burela, como xa hai moitos anos, cunha selección de fotos dos seus socios e colaboradores”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



