Lugo, 30 de outubro de 2019. A Deputación de Lugo vén de activar unha nova aplicación para dispositivos móbiles con información turística de preto de 2.500 puntos de interese dos 67 concellos lucenses, unha ferramenta coa que a institución busca atraer máis visitantes e mellorar a súa experiencia na provincia.
Esta App foi presentada hoxe na primeira sesión do Consello Provincial de Turismo que se celebra neste mandato, no que precisamente se reafirmou a idoneidade de apostar polas innovacións tecnolóxicas para mellorar a difusión e acceso á oferta turística. Así o explicou o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, que tamén preside o Consello de Turismo. “Poñemos en marcha esta aplicación coa intención de achegar unha información turística atractiva que aumente o número de visitantes e ademais, lles axude a mellorar a súa experiencia na provincia de Lugo”, explicou. Tomé tamén puxo o foco en que esta medida, como o resto de adoptadas na sesión, se realizan en base ao Plan Estratéxico de Turismo.
Na reunión participaron 24 membros deste organismo posto en marcha pola Deputación para impulsar o sector. Na súa intervención, a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, defendeu a idoneidade desta App, pois “hoxe en día máis da metade dos viaxeiros utilizan as aplicacións móbiles para preparar as súas vacacións, e cremos que a dende as administracións temos que apostar por esta nova maneira de entender o turismo”, explicou.
Actualización permanente dos contidos
García Porto expuxo o funcionamento desta ferramenta que lle amosa aos visitantes potenciais as singularidades que fan da provincia de Lugo un destino especial. “Recóllense preto de 2.500 puntos de interese que van dende elementos patrimoniais, paisaxes ata plans para aproveitar dunha forma máis eficiente a visita, por iso a aplicación estará nunha renovación permanente en colaboración cos concellos, para achegar a información da maneira máis actualizada posible”.
A App funciona a través da plataforma INVENTRIP, onde os usuarios poderán escoller un itinerario por cada un dos 67 concellos, un xenérico por cada un dos xeodestinos e unha serie de viaxes temáticas. Os usuarios poderán descargala a través dos sistemas operativos en Android e IOS, ou ben, acceder aos contidos a través da seguinte páxina web: https://inventrip.com/deputaciondelugo/.
Ademais, nesta sesión aprobáronse as bases do novo premio Lugo Cambia, que incluirá dúas modalidades: unha propia de turismo e outra da gastronomía lucense. Con estes galardóns, que se convocarán o vindeiro ano, recoñecerase o traballo de persoas, entidades ou institucións a prol do fomento da promoción turística da provincia, así como actuacións innovadoras no mundo hostaleiro.
Tamén se acordou un conxunto de medidas para consolidar Os Ancares e O Courel como destino científico. Entre elas, dispúxose impartir formación específica para os profesionais que traballan cos visitantes, coa finalidade de que teñan unha base sólida para valorar o patrimonio existente e axudar á súa promoción. Definiuse, unha programación anual de actividades neste lugar, incluíndo unhas específicas para escolares. Ademais, realizouse un repaso das accións desenvolvidas ata o momento neste senso, como son a creación de rutas da ciencia, a creación e difusión dun vídeo promocional das montañas de Ancares-Courel, a celebración dunha Xornada de Turismo Científico na Estación Científica de Seoane, sesións de formación para profesionais ou a certificación das montañas como destino turístico científico, entre outras.
Reforzo da presenza en feiras turísticas
Nesta sesión ordinaria, o Consello de Turismo acordou reforzar a presenza en feiras de turismo para o vindeiro ano 2020. “É crucial que apostemos por reforzar a nosa presenza en grandes citas que axuden a promocionar as nosas potencialidades turísticas e atraer novos perfís de visitante”, explicou o Presidente.
Órgano participativo e consultivo
A posta en marcha do Consello Provincial de Turismo é unha das medidas definidas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo na Provincia de Lugo (2017-2020), pois establece a constitución de estruturas de xestión de carácter multidisciplinar e participativas que promovan accións en impulso da marca turística Lugo. Forman parte deste organismo 24 persoas relacionadas co turismo da provincia (representando a asociacións, entidades e institucións), co obxectivo de impulsar a gobernanza turística a través deste novo ente, participativo e consultivo.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



