Viveiro, 30, outubro, 2019. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, ten unha acusadísima tendencia a esquecer o que desde moi antigo se sabe: hai que dar ao César o que é do Cesar e a Deus o que é de Deus. Intencionadamente esquece esa norma, que, traducida á nosa cultura, ven ser aquilo de dar a cada un o seu. Pois a alcaldesa Loureiro barre para o seu goberno cando fala da execución de nove obras, con inversión total de 628.667 euros. Dito así, como o contou días atrás nun xornal lucense, parece que é o goberno de Viveiro, con fondos do Concello, o que paga esas obras. E non, non é así, e para que o do César sexa do César, etcétera e dar a cada un o seo, o Grupo Municipal Popular de Viveiro quere aclarar a procedencia dos fondos para as obras das que fala.
Por exemplo, para a recuperación do miradoiro Monte Faro, a Xunta aportou 24.832 euros dos 38.203 euros que custou. Xa imos dando a cada un o seu. Pero neste labor de xustiza, aínda nos queda camiño que andar. Fala a alcaldesa da reposición de pavimentos e servizos na rúa Benito Galcerán, que se fixo con cargo ao convenio coa Deputación. Ve señora Loureiro como é fácil dar a cada un o seu? E Seguimos, porque a Xunta subvencionou o 100% dos 94.687 euros da obra de mellora do firme, saneamento, recollida de pluviais, abastecemento e alumeado no Camiño Vello.
Como facer xustiza sempre é bo, seguimos co detalle de quen e quen á hora de investir en Viveiro. Á Xunta se debe tamén a subvención polo 100% do importe da obra de reforma da instalación eléctrica do campo de fútbol municipal, por importe de 46.240 euros. E seguimos, que isto vai ben para que os veciños saiban como son as cousas dos cartos á hora de facer obras en Viveiro. A renovación de aceras e firme na avenida de Vilalba (32.117 euros) e a ampliación do saneamento de Toxeiras (autorizada por Augas de Galicia) son financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación; recorda señora Loureiro que plan é ese e canto lle debe ao PP, incluídos claro, os votos para aprobalo. E con subvención ao 100% a cargo da Xunta, por medio do Agader, (menos o IVE) finánciase a reposición do firme de varios camiños. E outra cousiña, o Plan único da Deputación tamén cubre a maior parte do custo da obra de substitución do pavimento do pavillón municipal.
O grupo popular, que ten por voceiro a Óscar Rodríguez, confía en que, en adiante, a alcaldesa de Viveiro non esqueza dar a cada un o seu, que, en casos como este, quere dicir deixar claro quen paga as obras que se fan no municipio. É unha cuestión de transparencia e honestidade no xogo político. Verá que pouco custa facer as cousas ben!





















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



