LUGO .- O consello reitor do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) aprobou o terceiro Plan Estratéxico de Subvencións de 2010, dotado con 700.000 euros, e co que a Deputación promociona o emprego na provincia potenciando os sectores estratéxicos: agricultura, gandería e pesca.
Nota de Prensa
O INLUDES destina 700.000 euros para subvencións no sector agro-gandeiro, pesca e tecido industrial
– O Consello Reitor aprobou hoxe o Plan Estratéxico de Subvencións para este ano
– Lara Méndez subliña que “potenciamos de xeito directo a modernización das explotacións e cooperativas, asegurando o seu relevo xeracional, e de xeito indirecto, atallamos un dos problemas que acusa a provincia: o despoboamento”
– 19 Concellos beneficiaranse das axudas destinadas á promoción e exaltación de produtos autóctonos e de actividades municipais
O Consello Reitor do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) aprobou este luns o terceiro Plan Estratéxico de Subvencións de 2010, dotado con 700.000 euros, e co que a Deputación promociona o emprego na provincia potenciando os sectores estratéxicos: agricultura, gandeiría e pesca. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e responsable do INLUDES subliñou que “este Plan permitiranos seguir afondando na cooperación cos Concellos, a través do financiamento de actividades municipais e coa dotación de máis servizos que freen o despoboamento nos concellos máis castigados”.
Lara Méndez explicou que o Plan ten tres liñas de actuación. A primeira, cun importe de máis de 500.000 euros, está destinada a potenciar os sectores da gandeiría, agricultura e da pesca. “Na Deputación temos un pacto polo campo, malia que esta non é unha competencia directa nosa senón que é a Xunta de Galicia a que ten a obriga política de impulsar este sectores. Os Centros de Recría de gando frisón e de rubia galega son un exemplo deste compromiso ó igual que as axudas que aprobamos hoxe dentro desta liña de actuación”.
Dentro desta liña de actuación contémplanse axudas para a promoción e exaltación de produtos autóctonos como o berberecho de Foz, a empanada das Nogais, a castaña do Courel ou a merluza de Celeiro. Ademais dos Concellos mencionados, o INLUDES subvencionará actividades nos Concellos de Castro de Rei, Sarria, Guitiriz, Samos, Cervantes, Negueira de Muñiz, Lugo, Pol, Ribas de Sil, Barreiros, O Vicedo, Cospeito, Paradela, Ribadeo, Cervo e Burela.
“Nós non estamos para competir cos nosos gandeiros ou cos nosos pescadores, senón para facelos máis competitivos. A través deste Plan subvencionamos de xeito directo a modernización de explotacións, das cooperativas, aseguramos o relevo xeracional no campo ou na pesca, axudándolles a ser máis profesionais. Pero tamén colaboramos de xeito indirecto xa que, se potenciamos a economía e a pesca, conseguiremos atallar un dos problemas que acusa a provincia: o despoboamento”.
Promoción do emprego e da I+D+i
A segunda liña de actuación, dotada con preto de 120.000 euros, está destinada á xeración de emprego estable e ó aumento da produtividade das empresas, a través da formación dos empresarios e traballadores. O obxectivo é impulsar o tecido empresarial da provincia e de favorecer a creación de novas empresas e de plans experimentais en materia de I+D+I.
A Vicepresidenta Segunda lembrou que dende o INLUDES está en marcha o Pacto Provincial polo Emprego –proxecto co-financiado ó 70% por fondos Feder e dotado con 3,4 millóns de euros-, un ambicioso programa de formación nos campos laborais onde realmente hai futuro, dirixido a persoas en paro. Rematouse un amplo diagnóstico da situación laboral e do emprego na provincia, que permitiu detectar as profesións con futuro na provincia: área social e sociosanitaria, hostalería e turismo, industria manufactureira e área forestal e medioambiental. Nas próximas semanas o INLUDES presentará un amplo programa formativo para ter profesionais onde realmente son necesarios.
A última liña de actuación do Plan Estratéxico de Subvencións refírese ó sector da comunicación. Máis de 30.000 euros que o INLUDES destina a institucións sen ánimo de lucro, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento de actividades socioculturais e medioambientais.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



