Lugo, 11 de novembro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a Xunta de seguridade que ultimou o dispositivo que se ocupará de velar pola seguridade na primeira edición do Rally Mariña Lucense. Na xuntanza participaron responsables da Escudería MixRallyeSport, organizadora da proba, así como da Garda Civil, Subsector de Tráfico, Policía Nacional, Xefatura provincial de Tráfico e Policía Local de Viveiro, ademais de representantes dos concellos polos que discorrerá a proba e da Xunta. Estiveron presentes os alcaldes de Xove, José Demetrio Salgueiro, e do Vicedo, José Jesús Novo, así como concelleiros de Viveiro e de Cervo.
Trala xuntanza, a subdelegada do Goberno manifestou o seu desexo de que a carreira sexa un éxito e teña continuidade no futuro. Ademais, Isabel Rodríguez fixo un chamamento á organización, aos corredores participantes e moi especialmente a todo o público que se congregará para presenciar o paso do Rally, que se disputa por primeira vez nas estradas da comarca da Mariña, para que sexan respectuosos coa sinalización, cumpran coas indicacións do persoal que se ocupará da seguridade da proba e, no caso dos espectadores, manterse sempre dentro dos espazos acotados para eles.
A primeira edición do Rally Mariña Lucense desenvolverase os días 15 e 16 de novembro nos concellos de Viveiro, O Vicedo, Xove e Cervo. O parque pechado de traballo instalarase en Viveiro, onde se farán as verificacións técnicas.
Os coches deben presentarse o venres pola noite e a carreira disputarase o sábado, con tres treitos a triple pasada. En total serán 255 kilómetros, 93,5 deles cronometrados. Son 72 os pilotos inscritos nesta proba, que é válida para o Campionato Galego de Rallies.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
