Mondoñedo, 13 de novembro de 2019.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, visitaron hoxe tres asociacións veciñais do concello coas que o Goberno galego mantén unha liña de colaboración a través dunha orde de axudas da Vicepresidencia para obras e equipamentos que redunden na mellora da calidade de vida local e na dinamización do movemento veciñal.
As tres entidades teñen concedidas axudas do Plan Específico de acción comunitaria que cada ano convoca a Xunta e que van destinadas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia para mellorar os seus locais sociais, comprar novos equipamentos, prestar novos servizos, organizar actividades ou reparar camiños veciñais.
Na visita de hoxe, Marta Fernández-Tapias achegouse á asociación San Lázaro, para comprobar de primeira man os traballos que se realizaron grazas aos 17.000 euros que recibiu no 2018 do Goberno galego. Desta cuantía, case 12.000 euros destináronse a rematar o acondicionamento do local social coa colocación de pizarra na cuberta e o pechamento con carpintería en madeira, e os 5.000 restantes á adquisición de mobiliario para levar a cabo as súas actividades. Na convocatoria deste ano, concedéronselle outros 16.968 euros para continuar coas melloras.
A directora xeral de Administración Local visitou logo a asociación San Andrés de Masma, onde unha subvención de case 12.000 euros concedida pola Administración autonómica permitiu acondicionar a finca recreativa anexa ao local social, así como reparar parte da cuberta e os canalóns para evitar as filtracións de agua e cambiar os cristais da galería.
Por último, achegouse á asociación de veciños O Castelo de Oirán, onde a Xunta colaborou cunha aportación de 11.182 euros nos traballos para cambiar o solo, as ventás e as portas da antiga escola unitaria que agora se emprega como sede da entidade. A asociación recibiu este ano a través da orde de axudas da Vicepresidencia 11.866 euros para realizar obras no local social.
Ademais das asociacións de veciños San Lázaro e O Castelo de Oirán, tamén foron beneficiarias do Plan de acción veciñal do Goberno galego neste exercicio, outras dúas entidades veciñais de Mondoñedo. Trátase da asociación Couboeira e Val de Vilamor, que percibiron 13.773 e 10.394 euros respectivamente.
Estas catro organizacións do concello repartíronse un total de 53.000 euros en axudas da Xunta, que forman parte dos 278.708 euros que se distribuíron entre 22 entidades da provincia de Lugo. En toda Galicia, o investimento da convocatoria de 2019 supera os 1,5 millóns de euros. Marta Fernández-Tapias lembrou que para o ano que vén a convocatoria de axudas para o vindeiro ano incrementase ata 2,5 M.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



