Burela, 18 de novembro de 2019. O vindeiro mércores, 20 de novembro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura un concerto didáctico de percusión. Será ás 12:30 horas. Segundo explica o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal,“este concerto pretende amosarlle ao público a combinación entre os diferentes instrumentos de percusión e a música electrónica. Cales son as diversas posibilidades da música contemporánea actual combinada con outras músicas máis populares e urbanas”.
Carballal sinalou que “o programa composto por 6 obras abarca instrumentos de parches como toms, bongós, caixa, bombo, pandeireta, instrumentos caseiros coma son os tubos metálicos, as tixolas ou potas, placas de ferro e tamén instrumentos melódicos como a marimba.As diferentes formas de facelos sonar, mediante o uso de diferentes baquetas, variñas, escobillas ou incluso as propias mans, fan que se exploren todas as posibilidades tímbricas desta gran familia de instrumentos. Isto en combinación coa electrónica nos transporta a diferentes ambientes e culturas: dende os sons máis urbanos propios dunha sesión deDj,os sons dos gamelánsasiáticos,reminiscencias minimalistas, ou mesmo fragmentos do discurso de Martin Luther King sobre os dereitos humanos”.
O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, subliña que “todo o repertorio é puramente escrito no século XXI, por compositores americanos e europeos e entre estes, os galegos. A evolución das músicas populares ata os nosos días, é o nexo común de todas estas pezas musicais. Cada obra será presentada ao público tratando de explicar dun xeito o máis didáctico posible sobre que tratan, como sona cada instrumento por separado e como están relacionados a electrónica e a partitura.A finalidade é que os alumnos teñan un achegamento aos instrumentos da familia da percusión e de cómo esta foi medrando ata converterse nun instrumento vangardista do século XXI en combinación con outro tipo de sons”.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



