Foz, 18 de novembro, 2019. Este luns a Asociación a Ribeira de Foz e o Deputado Provincial en Lugo, D. Javier Castiñeira, desprazámonos a Santiago de Compostela para reunirnos coa Presidenta de Portos de Galicia, a Sra. Susana Lenguas, e co Xefe da área de Infraestructuras, medio ambiente e seguridade D. Juan Antonio Rodríguez.
Esta reunión serviu para explicar de primeira man, os problemas que temos en Foz co peirao de Porto Chico. Nela, amosamos as nosas preocupacións pola mala situación actual deste peirao, ensinámoslle á Presidenta de Portos a evidente falta de calado que ten, e comentamos o estado actual das instalacións deportivas do peirao que datan do ano 2003 e que actualmente estan moi deterioradas e con mal arranxo. Tamén expuxemos un tema primordial e moi necesario de arranxar, que é o da falta de abrigo que este peirao ofrece ás embarcacións, esta carencia xunto coa falta de calado fai que un recurso tan importante e valioso para un pobo como un peirao non se poida usar. Porto Chico actualmente está case sen uso por estes problemas. Pola contra, temos unha necesidade imperiosa e demostrada de poder explotar este peirao no seu 100%, pois a día de hoxe seguimos tendo unha considerable lista de espera para atraques deportivos en Foz, o sector dos profesionais precisan tamén poder operar neste peirao, xa que que agora non poden facelo de forma segura para os seus barcos, e a maiores temos un sector novo en Foz que é o das empresas de turismo náutico que demanda que este peirao esté operativo para poder traballar.
A Sra. Presidenta atentamente escoitou, comprobou e entendeu que este peirao é moi necesario para o desenrolo local de Foz, e que agora mesmo é un recurso sin aproveitar por non ter as condicións axeitadas de operatividade. Anuncionos unha boa nova, que nos orzamentos da Xunta para o ano 2020 dentro dos gastos xenéricos de Portos, aparece contemplada unha partida destinada a contratar a asistencia técnica que servirá para preparar a documentación e iniciar os estudos correspondentes para poder facer o dragado de Porto Chico, asunto moi importante e que nos aleda saber, pois entendemos que esta situación non se debe seguir demorando máis no tempo. Incidimos en que ademais do dragado, é necesario dar solución á falta de abrigo do propio peirao, e para solucionalo presentamos unha idea previamente consensuada coa Confraría de Pescadores e o Clube Náutico de Foz, que consite en cambiar a situación actual da bocana de acceso o peirao, idea que os técnicos de portos de seguro estudiarán, tratando de dar coa solución ao problema do abrigo do peirao.
Hoxe os Socios de a Ribeira de Foz saímos satisfeitos desta reunión en Santiago, agradecemos a Portos de Galicia a súa atención, e aledámonos que para este ano vindeiro sigan a traballar por mellorar os peiraos de Foz.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



