Foz, 21 de novembro, 2019. O grupo municipal do Partido Popular de Foz considera un perigo dous puntos da N642 ao seu paso polo Concello. O cruce da ponte de Mañente e o tramo de Fazouro a Cangas. Para resolver os perigos destes puntos solicitan cunha moción plenaria a Fomento o remate e pintado definitivo da sinalización horizontal, e a construción inmediata das rotondas de cangas.
A concelleira Popular, Verónica Soto lamenta o retraso na solución ao cruce de Mañente. “Vai para largo, esa é a conclusión que sacamos despois de escoitar ao Alcalde no pasado Pleno xustificar a situación da Ponte de Mañente, cerrada ao tráfico dende xullo e cunha sinalización; ao noso parecer , deficiente que converte ese punto nun dos máis perigosos actualmente da N 642 ao eu paso por Foz”
Prosegue a Concelleira Popular “Outro punto perigoso é o tramo sen rematar dende Fazouro a Cangas, onde a sinalización horizontal provisional é totalmente insuficiente e pouco visible, especialmente agora en inverno e pode ser motivo de accidentes de tráfico, atropelos ou situacións perigosas dado que se atravesan núcleos de poboación moi habitados e non están pintados nin os pasos de cebra, por iso levamos unha nova moción ao próximo pleno, para que Fomento remate o Pintado definitivo nese tramo”
Remata Verónica Soto “Aproveitamos esa moción para solicitarlle tamén a Carreteras del Estado que constrúa canto antes as rotondas solicitadas polos veciños de Cangas e polo anterior goberno municipal do Partido Popular, e que se van retrasando sucesivamente por un goberno socialista eternamente en funcións e sin orzamentos”.



















A cita é este sábado, 23 de agosto, ás 20 horas na Casa da Cultura que leva o seu nome. Haberá lecturas dramatizadas e as actuacións musicais de: Miro Casabella, Ugía Pedreira e Mano Panforreteiro.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
Sufriu queimaduras e precisou asistencia sanitaria. No interior das instalacións hai herba seca acumulada, así como un vehículo agrícola, e nestes momentos os medios traballan para atallar as lapas. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dos feitos, minutos antes das 13 horas deste luns: vía moito fume no lugar de Cordeiro, na parroquia de Álvare. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil. Neste intre, os servizos de emerxencias confirmaron que só ardían estas instalacións e traballan para apagar o lume.
Os actos contaron coa participación do director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que pasou polo Concello, onde asinou no libro de honra. O alcalde, Dani Vega, concelleiras e concelleiros así como representantes de institucións e colectivos sociais (Aduanas, Acisa, Real Club Náutico de Ribadeo, Xuíz de Paz suplente, xefe da Policía Local) participaron nesta xornada de celebración que continuará pola tarde e pola noite con diversas propostas musicais.
Houbo intervencións do crítico literario Ángel Basanta e dos escritores Francisco Álvarez Koki e Xosé Manuel Malheiro, que glosaron a súa traxectoria como ensinante e renovador pedagóxico desde o Seminario de Mondoñedo ata as universidades neoiorquinas onde fundou o programa cultura e educativo Solidaridad Humana para formar emigrantes. A homenaxe, que contou coa presenza da familia, completarase coa inauguración da rúa Dino Pacio Lindín, unha das vias laterais á Praza e a Casa do Concello, un recoñecemento impulsado pola comunidade de montes Coto das Louseiras de Xemil. A área de Cultura colaborou na edición, en 2021, do libro "Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural", coordinado por Manuel Rivas García, con textos de antigos alumnos e amizades do sociólogo pastoricense.
Posteriormente, tivo lugar o xantar anual habitual, propio da xornada asamblearia no restaurante Náutico de Ribadeo. Como xa é tradicional na asociación, "o noso propósito radica no fomento e práctica das xuntanzas gatronómicas polos locais de restauración da bisbarra entre os nosos asociados, favorecendo o consumo dos productos locais ou do país e a cociña tradicional na elaboración e degustación dos mesmos; así mesmo levar o bo nome do Valadouro por tódolos lugares polos que imos, como vimos facendo dende a nosa fundación, aló polo ano 1992".
Ducias de persoas gozaron das versións dos 70, dos 80 e dos 90 ofrecidas por este quinteto chegado de Boiro. E tamén iniciou a súa andaina a ruleta da sorte de Acisa. Moitos foron os afortunados que marcharon para a casa con camisetas, mochilas, bolsas, paraugas, tazas ou botellas. O vindeiro Xoves Aberto será o 21 de agosto. Esta nova campaña de Acisa Ribadeo inclúe Mercados de Rúa, actividades multiaventura e o sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria, que terá lugar o 31 de agosto no Cantón dos Moreno a partir das 21:00 horas.



