Lugo, 21 de novembro de 2019. A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, acompañada do alumnado do Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais, presentou estes xoves na Praza de San Marcos as actividades reivindicativas que organiza a Deputación con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Loureiro adiantou que as institución “renova o noso compromiso coa campaña En Negro contra as Violencias porque temos unha vontade firme contra a violencia de xénero e dos asasinatos machistas”.
Loureiro explicou que este ano case se dobrou a participación dos concellos da provincia nesta campaña, pois “45 dos 67 concellos lucenses están involucrados no proxecto, o que representa case o 70 % da poboación de Lugo, un feito que nos evidencia unha vez máis que só xuntos imos conseguir o noso obxectivo”.
A Deputación despregou este xoves unha gran pancarta na fachada do Pazo de San Marcos na que con un “Non é Non” simboliza a denuncia e enérxica repulsa da institución ás violencias machistas.
O luns 25 de novembro a xornada inclúe unha serie de actividades promovidas en colaboración co Concello de Lugo. O Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais da Deputación involúcrase un ano máis na organización e difusión desta iniciativa, polo que o alumnado de 1º de Produción será o encargado de deseñar e dirixir a cuarta marcha En Camiño contra as Violencias, unha andaina á que convidan a toda a cidadanía, tal e como se fixo nas tres edicións anteriores con grande éxito de participación.
A marcha arrancará ás 11.30 horas do Centro de Formación, na rúa Frei Plácido Rei Lemos, onde os participantes recibirán camisetas e paraugas negros co lema da campaña. Un grupo de alumnos vestidos integramente desa cor, incluídas as caretas, indicará o camiño e as distintas paradas ao longo do percorrido. Nesta ocasión, o proxecto ideado polo alumnado de produción reflicte, a través de catro coreografías de baile, a evolución dunha parella na que a muller é vítima das violencias machistas.
A primeira parada, na Praza Pío XII, representará a fase do namoramento. Despois os participantes na andaina pasarán pola Praza de Santa María, onde 51 pares de zapatos negros, un por cada muller asasinada no que vai de ano, guiaranos ata a segunda parada, nas escaleiras da Praza Maior, lugar no que se amosará a violencia verbal. A marcha continuará ata a rúa da Raíña, terceiro punto, onde a parella de baile representará a violencia física. Tras o paso pola Árbore da Vida na Praza de Santo Domingo, a actividade dos alumnos rematará na Deputación. Na última coreografía a muller libérase desa relación de maltrato. Despois das intervencións das autoridades, haberá unha solta de globos negros.
Dúas vítimas de violencia machista lerán o manifesto ás 12.00 horas fronte á Árbore da Vida, na Praza de Santo Domingo, onde se fará unha ofrenda floral. Os actos continuarán na Praza de San Marcos, onde terán lugar unha actuación musical da man do Secretariado Xitano.
Durante a presentación, a Deputada de Muller e Igualdade insistiu en que “a loita contra as violencias machistas e en favor da igualdade real entre homes e mulleres é unha política transversal do noso Goberno e proba diso é a creación da área que eu dirixo, pois cremos que queda moito traballo por facer”. “Como representantes institucionais, temos a obriga de redobrar os nosos esforzos nesta loita, polo que seguiremos traballando dende a educación, a sensibilización e a visibilización para atallar un dos maiores problemas que sufrimos na sociedade actual”, explicou María Loureiro.
Práctica en escenario real
En Camiño contra as Violencias recolle por cuarto ano consecutivo as propostas do alumnado de 1º de Produción do Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais da Deputación, que se ocuparán tamén do desenvolvemento da marcha. É a súa primeira práctica nun escenario real, malia que levan só dous meses de formación. A actividade esíxelles un complexo traballo de planificación e preprodución coa organización de diversas actuacións e actividades, así como a elaboración de todo o material.




















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



