Burela a 22 de novembro de 2019. A CIG-Saúde da Mariña demanda da Xerencia do da EOXI de Lugo que mude a súa política de contratación, deixe de fomentar a precariedade laboral e aposte por dar a maior estabilidade posíbel ás e aos profesionais da sanidade pública coa creación urxente das prazas necesarias para cubrir as necesidades asistenciais. A central sindical denuncia que o persoal de nova incorporación no Hospital da Mariña tras da ampliación, farao mediante contratos de acúmulos, e terá que asinar 6 contratos para traballar un máximo de 6 meses.
Como non pode ser de outro xeito, a ampliación dun hospital ten que vir acompañada dun aumento de persoal de diversas categorías. Ante isto, dende CIG-Saúde pediuse ao Xerente de Lugo (en xuntanza mantida o 27 de setembro do 2019) que se contemplara, cara aos orzamentos de 2020, a dotación necesaria de prazas por mor da ampliación do Hospital da Mariña, xa que non requirían de máis argumentación que a necesidade propia da ampliación mesma.
A resposta de Ramón Ares foi que non se ían crear as prazas, que dependía do SERGAS e do Goberno da Xunta e que seguramente pasasen varios anos sen que se materialice a creación destas, poñendo a modo de exemplo que aínda este ano se consolidaron prazas a causa da posta en marcha do Lucus Augusti. Por esta razón, sinalou que a única alternativa que lles quedaba era aumentar os cadros de persoal de xeito ficticio facendo contratos de acúmulo de tarefas, un modelo de contrato que, segundo a normativa vixente, non poden superar a duración máxima de 6 meses.
EMPREGADAS 6 MESES PERO ASINANDO CADA MES UN NOVO CONTRATO
En xuntanza mantida o 16 de outubro coa Xerencia Executiva do Hospital da Mariña na que se nos informa dos aumentos de persoal por categorías (Enfermería, Técnicos/as Auxiliares de Enfermaría, Celadoras/es, Pinches), CIG-Saúde demandou que ditos contratos de acúmulos de tarefas, dado que se ían manter no tempo durante incluso anos, se ofertasen coa máxima estabilidade posible, é dicir, como un só contrato cunha duración de seis meses. Ante a negativa da Xerencia, indicamos que, cando menos, se ofertasen nun contrato de tres meses renovables por outros tres. Díxosenos que o estudarían.
A comezos de novembro, a Xerencia fai petición da cobertura destes acúmulos ofertando contratos con data fin 30 de novembro e renovables mes a mes polas persoas titulares, desoíndo a petición que facíamos dende a CIG de darlles a máxima estabilidade posible.
UN SINSENTIDO QUE SO PERSIGUE DESFACERSE DA PROFESIONAL NO CASO DE QUE ENFERME
Isto significa que cada unha das profesionais da sanidade da Mariña que foron contratadas van ter que asinar 6 contratos para traballar un máximo de 6 meses. Pero para poder asinar o seguinte contrato non poden estar enfermas, nin ter un accidente, nin estar ingresadas, nin en situación de Baixa Laboral, nin causar ausencia por mor da maternidade, xa que estar nalgunha das situacións anteriores imposibilita que poidan asinar o novo contrato de renovación, polo que quedarían desempregadas.
A administración, que debera ser un referente en materia de contratación no mundo laboral, precariza e desprotexe ao máximo as súas traballadoras, artellando estes tipos de contratos míseros para desfacerse das profesionais no suposto de que enfermen.
Dende o sindicato nacionalista galego denuncian o maltrato ao que esta equipa directiva somete as súas traballadoras en materia de contratación, elevando a precariedade ao seu máximo expoñente e DEMANDAN da Xerencia que mude a súa política de contratación, ofertando a maior estabilidade posible ás profesionais do Hospital da Mariña.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



