Lourenzá, 29 de novembro de 2019. A corporación municipal de Lourenzá celebrará un pleno extraordinario o vindeiro luns, día 2 de decembro, ás 20:30 horas para tratar a situación que atravesa a empresa local Muebles Hermida.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que a sesión plenaria do luns será “para tratar a grave situación que está atravesando a empresa Muebles Hermida e, como consecuencia, os seus traballadores. Os tres partidos políticos que formamos a corporación municipal chegamos a un acordo unánime de facer este pleno extraordinario para mostrar o noso apoio a todos os traballadores e ao comité de empresa na súas reivindicacións, si ben non podemos deixar de lado que se trata dun problema no que debemos ir conxuntamente todos da man para intentar chegar á mellor situación tanto para e empresa como para os traballadores”.
A rexedora municipal destacou que esta situación “ten unhas repercusións moi importantes para a nosa localidade, na economía e no día a día do concello de Lourenzá. Entón nesa sesión do vindeiro luns poñerase sobre a mesa ese apoio e todas as ideas dos tres grupos que formamos a corporación. E todo o que se acorde nese pleno enviarémolo ás distintas institucións, tanto Xunta de Galicia como Deputación Provincial e todos organismos que consideremos, intentando tamén implicalos dalgunha maneira e que nos ofrezan algunha medida ou solución e un apoio para os traballadores e a empresa”.
Ademais Rocío López estivo onte, xoves, na concentración convocada polo comité de empresa para interesarse pola situación que atravesan os empregados de Muebles Hermida. E hoxe, venres, reuniuse cun dos responsables da empresa para “coñecer de primeira man os problemas que está atravesando a firma e cales poden ser as posibles solucións”.
A alcaldesa engadiu que “ambas partes, empregados e empresa, son conscientes da gravidade da situación e da necesidade de buscar unha solución canto antes. É unha cuestión na que todos (grupos políticos, comité, traballadores…) debemos tentar remar nunha mesma dirección para que isto se solucione e os traballadores, que sempre son os máis prexudicados, salgan disto da mellor maneira posible. A unión entre as forzas políticas é de vital importancia á hora de buscar apoios noutras administracións, como Xunta de Galicia ou Deputación Provincial, xa que só así se pode conseguir o apoio e a axuda que precisamos neste momento. Tratase dun problema que é noso, de tod@s, e que afecta de xeito considerable ao noso municipio, á súa economía, ó comercio… e ao día a día en si. Por iso debemos tentar buscar a mellor solución posible”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



