A Mariña, 6 de decembro de 2019. A pasada fin de semana rematou a oitava edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Cerca de 700 persoas procedentes dos 16 concellos da comarca, pero tamén doutros puntos xeográficos, principalmente de Galicia e Asturias, desfrutaron deste evento que reafirma o seu éxito coma iniciativa de impulso e promoción para a hostalería en tempada baixa.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, sinalou que “a esta oitava edición do Mes da Maxia na que a Mancomunidade, xunto aos establecementos e magos participantes, traballou en reforzar coma un elemento dinamizador e de promoción do xeodestino fóra de tempada, baseando a proposta na maxia de preto e na gastronomía local, acudiron cerca de 700 persoas de diferentes procedencias”.
Hermida contou que “os datos das enquisas realizadas reflicten coma veciños e veciñas dos 16 concellos da Mariña acudiron á cita, sendo os mariñáns os principais consumidores desta iniciativa. Concretamente o 73%. Ademais, coma dato positivo en canto aos esforzos realizados para que o programa sirva como elemento tractor fóra de tempada, os datos sinalan coma nesta edición aumentaron respecto ao 2018 as persoas procedentes do resto de Galicia e tamén de Asturias. Sendo moi similar a porcentaxe entre ambas comunidades, pero é maior o aumento no caso de Asturias pasando do 2% no 2018 ao 12% neste 2019. Ademais destas dúas comunidades, desfrutaron do Mes da Maxia xente de Madrid, Valencia, Castela León e Bélxica”.
Para Tania Hermida e para o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, “o Mes da Maxia da Mariña Lucense tamén se reafirma coma un evento para todo tipo de públicos, convivindo nesta cita persoas dende os 26 aos 65 anos, principalmente. Teñen tamén os nenos e polo tanto as familias un peso moi importante no público que acude a este evento”.
Este ano da man dos establecementos participantes: A Marquesa, A Garita, Casa do Fidalgo, O Noso Lar, Hotel – Restaurante Javier Montero, Hotel Vila do Val, Mesón O Mazo de Ferreiravella, O Rincón do Mis, Area Grande, Parador de Turismo de Ribadeo, Mesón Camiño Norte, O Lar, Casa Rural A Penela, A Yenka, Hotel Val do Naseiro, Pousada O Almacén e Hotel O Cabazo traballouse a oferta gastronómica baseándoa en produto local, galego e de tempada. Así mesmo, xunto cos magos Rafa, Teto, Kiko, e Pi retomouse a maxia de preto entre prato e prato e mantívose o espectáculo final.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade dixo que “os datos recollidos das enquisas amosan coma as melloras e esforzos realizados no conxunto do programa deron os seus froitos. A puntuación que lle deron os asistentes á iniciativa, ao menú, ás actuacións e ao servizo melloraron tamén respecto do ano pasado. Todas as variables anteriormente mencionadas acadaron o sobresaínte, cunha nota media de 9,3”.
Tania Hermida engadiu que “tendo en conta todos os datos anteriores, que a metade das persoas enquisadas asistiron ao Mes da Maxia por primeira vez nesta edición, que a outra metade xa asistiran no 2018 e que o 98% deles aseguraron que repetirían a experiencia, o programa que combina cun formato único ilusionismo e gastronomía local e que ten por obxectivo contribuír a diversificar, descentralizar e desestacionalizar a oferta turística da Mariña, reafirma o seu éxito coma iniciativa que sirve coma impulso e promoción para a hostalería nunha época do ano xeralmente baixa”.























A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



