Lugo, 10 de decembro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou este martes cos 38 concellos da provincia que decidiron adherirse o convenio de colaboración que pon en marcha o plan de aforro enerxético Ilumin@. A institución provincial destina un investimento de 723.000€ a este proxecto, a través do que as entidades locais recibirán axuda económica para a substitución de preto de 3.200 luminarias por outras de tecnoloxía LED, o que supoñerá un aforro conxunto de 62.000€ ao ano, isto é, ata un 63% da facturación eléctrica das instalacións municipais nas que se actuará, fundamentalmente alumeados públicos exteriores. A tecnoloxía LED permitirá reducir ademais o consumo nun total de 450.000 quilovatios ao ano, o que minimizará tamén a pegada de carbono.
“Esta é unha iniciativa que forma parte do noso obxectivo estratéxico de cooperar cos municipios para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía aforrando custes, pero tamén preservando o medio ambiente”, subliñou José Tomé no acto de sinatura do convenio, celebrado na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.
O Presidente recalcou esta mañá que “a Deputación é o Concello dos Concellos” e que dende a institución traballan con instrumentos tan importantes como o Plan Único, ao que se destinará algo máis de 20M€ no vindeiro ano, pero tamén cunha asistencia técnica diaria en moi diversas materias e con diferentes accións como o programa Ilumin@.
A Xunta de Goberno aproba mañá licitar o subministro do material
O Presidente anunciou que mañá mesmo, a Xunta de Goberno aprobará sacar a licitación o subministro e a instalación do material necesario para á substitución das luminarias. A previsión é que os traballos poidan comezar a principios de ano.
Pensado para axudar aos concellos de menos de 20.000 habitantes, o Ilumin@ suporá un investimento de 723.000 euros, distribuídos entre os 38 municipios adheridos en base a criterios obxectivos para garantir equidade e proporcionalidade: poboación, superficie, dispersión ou esforzo fiscal.
Para acometer este proxecto, a entidade provincial recibiu unha achega económica de 578.072,26€ do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), solicitada a través do Instituto de Desenvolvemento de Aforro Enerxético (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. A Deputación achega 144.518,10€, co que o orzamento total do proxecto é de 722.590,36€.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



