Foz, 13 de decembro, O BNG de Foz acada a aprobación no pleno de decembro, dunha proposta para mellorar os accesos a ITV de Cangas de Foz. Actualmente o acceso e saída da ITV realízanse no mesmo sentido (dirección Burela) sendo imposible a reincorporación a estrada sentido Foz a saída da ITV ou o acceso directo a mesma estación cando se ven dende Burela.
Numerosos usuarios da estación, teñen solicitado facilitar o acceso a entrada e saída da estación de ITV tamén dende Burela e cara a Foz evitando movementos perigosos de tráfico especialmente de veículos pesados.
A Policía local de Foz elaborou un informe que se adxunta na iniciativa, no que se elabora a petición de usuarios, unha proposta de modificación do pintado da estrada para poder facer accesible estes movementos, considerándose viable por ancho de firme e condicións de seguridade a proposta de acceso dende Burela e saída directa cara a Foz, cun repintado que habilitase un carril de incorporación para poder facelo con garantías.
Despois do asfaltado desta estrada e pendente da capa de rodadura, permanece ainda (un tempo que o BNG considera excesivo) sen realizarse o pintado definitivo do firme. Sendo esto necesario e facendo da necesidade virtude, pode ser un bo momento para que cando se faga o pintado se habilite esta mellora, facendo posible esta aspiración dos veciños. Polo tanto o BNG solicita que nese necesario repintado se teña en consideración a valoración da habilitación do carril de incorporación para a entrada e saída da ITV na N 642 no punto kilométrico 39,4 dacordo co informe da Policial Local de Foz. A moción foi aprobada por unanimidade da Corporación.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



