Cervo, 18 de decembro de 2019. O Concello de Cervo xa iniciou os trámites para declarar a caducidade das licenzas urbanísticas dos dous esqueletos que están ubicados na Rúa Bellavista, na zona da Galdín en San Cibrao, que lle foran outorgadas no seu momento a Construcciones Os Molineros S.L. e á Inmobiliaria Pasillo Verde S.L, respectivamente, entre os anos 2006 e 2007.
O ente municipal puido comezar este proceso logo de reunir a comezos deste mes os correspondentes informes dos servizos da policía local e da oficina técnica que ratifican que non hai ningún tipo de actividade nestas edificacións desde hai moito tempo.
Este procedemento é a forma legal que ratifica que as obras iniciadas non poden continuar ao non existir ningún permiso en vigor que as ampare; as construcións, unha vez chegue a termo este trámite, xa non estarían avaladas por ningún título xurídico-administrativo.
Villares apuntou que estamos a dar pasos importantes para lograr un obxectivo que é fundamental para este goberno e que pasa porque os propietarios ou ben “rematen as construcións que deixaron inacabadas, ou ben devolvan os terreos ao seu estado orixinal, o que supón o derrube destas edificacións que quedaron inconclusas no noso termo municipal”.
O Concello de Cervo está a traballar arreo para tentar acabar con todas estas estruturas pensando en todos os cervenses, e tamén loxicamente por motivos de seguridade e ornato público, un proceso que, tal e como precisou o rexedor, “é complexo, pero estamos a dar os pasos precisos, sen demora, para conseguir eliminar todos estes esqueletos do noso municipio”.
A licenza urbanística do esqueleto de Pasillo Verde foi concedida no ano 2006-2007, e conta cun total de 60.0145 m2, distribuídos en dúas plantas soto, seis plantas altas y baixo cuberta. O prazo de finalización establecido era de 6 anos, que foron incumpridos amplamente, xa que o edificio tiña que estar rematado en 2012.
A licenza urbanística da edificación dos Molineros foi concedida no ano 2006, e amparaba a realización da construción dun edificio de 180 vivendas, garaxes e rochos; nun total de 22.926 m2. O prazo de finalización fixado era de 3 anos, tendo que ter finalizado no 2009, polo que tal e como reflicten os informes pertinentes, incumpríronse amplamente os prazos.
Este procedemento súmase ao que xa está en marcha na zona da Atalaia, para derrubar o edificio de vivendas que leva máis de trinta anos construído e sen habitar; e o esqueleto no que se planificaran no seu día a construción de 42 vivendas, e que nunca chegou a edificarse.




















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



