Mondoñedo, a 19 de decembro de 2019. Manter os edificios en bo estado é unha das medidas fundamentais para que as poboacións ofrezan un aspecto atractivo, co que iso significa á hora de atraer visitantes. Conseguilo debe ser un obxectivo compartido dos propietarios e da Administración. A colaboración nas distintas áreas que interveñen na rehabilitación inmobiliaria é sen dúbida a medida máis eficaz. Así se comproba en Mondoñedo, onde o respaldo administrativo, é dicir, de xestión, e económico que presta o Concello, presidido por Elena Candia, aos propietarios interesados en mellorar os seus inmóbeis da como resultado que haxa intervencións subvencionadas en 35 edificios da área de rehabilitación e en 20 no territorio histórico do Camiño de Santiago.
A inversión total efectuada polos particulares propietarios dos edificios que se acollen ás subvencións ofrecidas desde o Concello ascende a 267.352,06 euros, unha inversión que ten una clara incidencia na economía no ámbito do territorio municipal.
Do total de rehabilitacións que contan con subvención municipal, 10 xa están executadas e recibiron subvencións que totalizan 59.416,72 euros. Hai en marcha outras 16 iniciativas, para as que, en total, se destinan 49.644,06 euros. Noutros 9 casos as axudas, que suman 13.664,10 euros, corresponden a traballos de pintado de fachadas.
Estas axudas esténdese tamén ás áreas de intervención no entorno histórico do Camiño de Santiago. Neste caso, desde a Oficina de Rehabilitación tramitáronse vinte solicitudes para subvencións para obras, das cales 12 xa están rematadas.
O concello de Mondoñedo demostra coa comunicación publica distes datos que as persoas que aposten por mercar en Mondoñedo un inmoble para ser destinado a vivenda conta con axudas para a súa rehabilitación. Estas axudas, conta o goberno local que sexan incrementadas unha vez remate o proceso de declaración de Área Rexurbe.
O obxectivo principal e seguir captando investimento e seguir poñendo en valor os inmobles .























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



