Burela, 30 de decembro, 2019. O ala murciano Juanfran Botía Galiano incorporarase ao UA Ceutí co ano novo. O 11 laranxa, con contrato co Pescados Rubén Burela FS ata xuño de 2020, defenderá á escuadra de Segunda División como reforzo de inverno, xunto a outro dos seus compañeiros na Mariña, o brasileiro Everton.
Juanfran recalou no equipo de Juanma Marrube en 2018-19 para converterse nunha das almas que cumpriron o gran soño do regreso á elite para o conxunto galego, proclamándose campión de Segunda a tempada pasada.
A Familia Laranxa agradece o compromiso e a valiosa achega do ala murciano no crecemento do Pescados Rubén ao longo desta tempada e media. Juanfran, o UA Ceutí tamén medrará grazas á túa axuda.
Moita sorte!