Vaia por diante a miña falla de confianza a respecto das esquerdas españolas, que amosaron a súa radical inutilidade ao longo deste ano. Velaí a miña desconfianza de que cumpran a xeito os seus compromisos con Galicia, malia a boa xestión dos tempos e das-súas estreitas-oportunidades que ven de facer o BNG. Mais a coalición extremista das tres dereitas (nucleadas arredor de FAES e da Coroa) obrígame a lle dar a esta maioría (que non a este goberno) un voto temporal de confianza.
Por exclusión, certamente. Porque os discursos dos líderes da dereita extremista (Casado, Abascal e Arrimadas) amosaron o peor desa coalición entre o capitalismo castizo de amiguetes (o do BOE, o do palco do Bernabeu,. sempre refractario á libre competencia) e o que o profesor da USC Antón Losada, sempre acaído nas súas definicións, alcumou de patriotismo de puticlub. Como dixo aqueladamente Aitor Esteban (PNV) as dereitas extremistas españolas son como aquel home WASP (anglosaxón, branco e protestante) que manifestaba fronte ás minorías que USA era dos WASP e as minorías todas estaban de visita. Pois iso. Seica o Estado é deles e os demáis estamos de visita. Somos, pois, cidadáns e deputadas de terceira categoría. Para a tripla coalición da praza de Colón millóns somos malos españois e pertencemos á “cáscara amarga”.
Fronte esta visión patrimonial, clasista e catastrofista da vida pública, as esquerdas españolas haberán decidir o que queren ser de maiores. Se seguen xogar a medioñentos progres que lle mercan a idea da España nación única ás dereitas ou se decatan de vez que sen o concurso do soberanismo galego, catalán, vasco ou canario non suman para afirmar e aprofondar as liberdades que este día negou o tripartito das dereitas.
Porque, ao longo da historia das nacións e pobos do Estado español, o progreso canto ao recoñecemento da plurinacionalidade do Estado e do dereito ao autogoberno e á a libre decisión das súas distintas nacións foi sempre unido canda o progreso das liberdades e das políticas sociais.
Esta semana ábrese unha pequena xanela de oportunidade para que as esquerdas españolas, o progresismo territorial e máis os soberanismos galego, catalán e vasco poidan colaborar nun programa común para afondar nas liberdades e na democratización do Estado, pór a economía ao servizo das maiorías sociais e devolverlles ás nacións do Estado a capacidade real de autogobernarse e decidir o seu futuro.
Dende o fondo escepticismo deste desconfiado galego: vento nas velas…—




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



