Viveiro, 8 de xaneiro de 2020. En toda Europa, as cidades fixeron nas dúas últimas décadas un gran esforzo para que as súas rúas e edificios públicos foran accesibles. Tamén en España. Pero aínda queda moito por facer. O grupo municipal do PP de Viveiro cre que é hora de avanzar neste terreo, especialmente alí onde a falta de accesibilidade resulta aínda máis discriminatoria para os cidadáns con mobilidade reducida. Os concelleiros populares defenderán unha moción no próximo pleno para que o Concello se comprometa a adoptar as medidas necesarias para facer accesibles as bancadas do Pavillón Municipal de Deportes. Lembran que a Constitución Española establece que os poderes públicos promoverán as condicións para que a liberdade e igualdade dos cidadáns sexan reais e efectivas.
A concelleira Inmaculada Nespereira firma a moción na que o grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez propón, por un lado, que o Concello, por medio dos correspondentes departamentos técnicos, efectúe un estudio para crear un acceso ás bancadas para persoas con mobilidade reducida. Unha vez feito ese estudo, os populares queren que o goberno presidido por María Loureiro adopte as medidas precisas para a creación de dito acceso. O PP di que se economicamente no se pode levar a cabo esta obra neste momento, que se inclúa nos presupostos para o actual exercicio económico, aínda sen aprobar.
Argumentan os populares que «a mellora da calidade de vida de toda a poboación e, especialmente, das persoas con mobilidade reducida foi e segue sendo un dos obxectivos fundamentais da actuación pública pola que foi aprobada a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, a cal foi desenvolvida polo Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro». Igualmente, din que «sen lugar a dúbidas esta normativa implicou un importante avance, pero é necesario seguir avanzando para conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para todos os cidadán».
Os edís populares recordan que o Centro Superior de Deportes di, con respecto ás instalacións deportivas, que «as bancadas deben ter unha zona accesíbel e apta para espectadores en cadeira de rodas, reservándose 1 praza/200 espectadores… ». A maior abundamento, lembran que «seguindo os obxectivos da Convención das Nacións Unidas, a Unión Europea, elaborou a Estratexia 2010-2020, co obxectivo de que todas as persoas con discapacidade poidan disfrutar dos seus dereitos e beneficiarse plenamente da súa participación na sociedade».




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



