Burela, 19 de xaneiro, 2020. O Pescados Rubén Burela FS non puido completar ao grande esta mañá a excelente semana. Na pista de Levante UD FS, a escuadra laranxa non foi capaz de trasladar o carácter, mentalidade gañadora e determinación que a fan forte no mausoleo mariñán. Malia entrar ben e poñerse rapidamente por diante, os de Juanma Marrube foron renunciando aos seus sinais de identidade co paso dos minutos. O 3-1, no reinicio, fixo dano excesivo nas filas galegas e os valencianos aproveitaron para tomar tranquilidade no electrónico ata o 6-1.
Matamoros poñía as cousas de cara, xa no minuto 2, cunha recuperación de Lucho en pista levantina e a pase de Joselito. Os de Diego Ríos aproveitaron tamén una contra para recuperar as táboas, no 14, por mediación de Maxi Rescia, e un rexeite en segunda tentativa, de Cecilio, no 19, para marchar ao tempo de descanso co encontro favorable.
Os laranxas recibiron excesivo castigo, nunha falta de Cuzzolino que recibiu Cecilio e deu na defensa mariñá para subir o 3-1, no regreso. O 2 levantino anotou o 4-1 no 27, aproveitando tras unha rápida chegada o despexe de M. Kaluza. Optaron os do Mariskal por xogo de cinco con dez por diante, pero non conseguiron atopar as debilidades dos locais. Nos últimos minutos, Pedro Toro, nun pase de Prieto e tras superar a Lucho, e Pedro, a porta baleira, completaron o definitivo 6-1.
Ficha técnica
Levante UD FS: Prieto, Márquez, Gallo, Cecilio, Pedro Toro, cinco inicial; tamén xogaron Rubi Lemos, Jorge Santos, Cuzzolino, Sena, Maxi Rescia Pedro
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Joselito, Lucho, Matamoros, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Pitero, Xande, Pope, Pixote, Álex Diz
Goles: 0-1, minuto 2, Matamoros; 1-1, minuto 14, Maxi Rescia; 2-1, minuto 19, Cecilio; 3-1, minuto 21, Cecilio; 4-1, minuto 27, Cecilio; 5-1, minuto 36, Pedro Toro; 6-1, minuto 38, Pedro
Árbitros: Del Pozo García // Moreno Durán. Por Levante amarela Pedro Toro (minuto 5), Márquez (minuto 23). Por Burela amarela a Renato (minuto 6), Matamoros (minuto 38).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira División disputado no municipal de Paterna.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
