Burela, 21 de xaneiro, 2020. O Pescados Rubén Burela FS xa coñece rival de cuartos de Copa do Rei e preséntase como reto máximo. Coa presenza de Iago Míguez como representante laranxa no sorteo organizado pola RFEF este mediodía en Las Rozas, a bóla do equipo galego resistiuse ata o final para completar o último enfrontamento, ante o titánico FC Barcelona, e co Palau como escenario. A eliminatoria, a partido único, decidirase o mércores 12 de febreiro.
O resto dos emparellamentos quedan así:
Soliss FS Talavera-Industrias Santa Coloma
Real Betis Futsal- Servigroup Peñíscola
Jaén Paraíso Interior-Jimbee Cartagena FS
Venda anticipada para Movistar.
Ata o venres ás 14.00 horas, estará dispoñible a venda anticipada de entradas para a visita do Movistar Inter FS a Vista Alegre (sábado 25, 18.30 horas) tanto para soci@s como para o resto de público. Os abonad@s laranxas que non poidan retirar a súa entrada ao longo da semana na sede do club poderán facelo na taquilla o día de partido entre as 17.15 e as 18.00 horas; despois as entradas poderán liberarse.
4 de marzo, data para o aprazado de liga.
Vista Alegre acollerá a disputa da xornada 15, aprazada no mes de decembro por inclemencias meteorolóxicas, o martes 4 de marzo. O partido entre Pescados Rubén Burela FS e Jimbee Cartagena está previsto para as 21.00 horas.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
