
Mancomunidade
A Mariña, 4 de febreiro de 2020. A Mancomunidade de Municipios da Mariña celebrará o pleno constitutivo do novo mandato o vindeiro 11 de febreiro en Burela.
O ata agora presidente, Alfredo Llano, dixo que “nesta lexislatura houbo un certo retraso na constitución da Mancomunidade de Municipios da Mariña, que está conformada por 16 concellos. Non puidemos realizalo antes, derivado da situación anómala que houbo no Concello de Burela, onde houbo que repetir unhas eleccións e estivemos moito tempo en funcións. O 21 de xaneiro xa se conformou o goberno municipal e agora xa se pode realizar este pleno constitutivo na Mancomunidade”.
Llano engadiu que “como é algo que se debe xa facer inmediatamente, hai que poñerse a traballar a toda presa, con toda celeridade, imos tratar, salvo que por algunha razón non poidamos, facer o día 11 de febreiro, en Burela, o primeiro pleno ordinario constitutivo para que xa se poña a facer o traballo que ten que realizar a Mancomunidade. É moito o que nos queda para este ano. Xa hai proxectos que queremos comezar, pero primeiro hai que constituírse. Xa digo que imos tratar que o día 11 poidamos telo aquí en Burela, ás sete e media ou oito da tarde”.
Tren
A estación de tren de Burela contará desde marzo cunha persoa para atender ao público despois de que Renfe anunciara que se ían colocar unhas máquinas expendedoras de billetes. A Mancomunidade de Municipios formulou unha demanda que foi atendida por Adif.
Alfredo Llano pensa que “hai que conseguir un servizo de tren óptimo e que sexa útil, que valga e motive para que as veciñas e veciños o poidan utilizar e que sirva para trasladar á xente nun horario que sexa bo para poder acudir aos seus postos de traballo e aos seus postos escolares. Tamén queremos que se diversifique a oferta de trens, non soamente os ordinarios de público en xeral, senón que os de mercadorías tamén poidan seguir incrementando o seu servizo e, sobre todo, os trens turísticos que supoño van facer unha boa labor cara ao desenvolvemento da nosa comarca”.
O presidente da Mancomunidade indicou que “o que queremos é que asuman este servizo, que se vexa con futuro e polo tanto non paramos de demandar cousas para que isto sexa así. Xa se sabe que temos unha comisión que representaba a Ferrolterra, a Ortigueira e á Mancomunidade da Mariña, que estabamos en reunións periódicas que tanto facíamos en Moeche, como en Ferrol e onde coincidira, con representantes de Adif, de Renfe e da Xunta de Galicia, e entre todos tratábamos de consensuar posturas para que o tren fose mellorado en todas as súas aplicacións. Agora tivemos o aviso de que, desde xaneiro, se van poñer unhas máquinas expendedoras de billetes”.
Alfredo Llano insistiu en que “non estamos moito de acordo con que se aplicara este proceso xa dunha forma inmediata, sen máis. O que queremos é que de xeito integral o servizo do tren, tanto no movemento de trens como no mantemento e investimentos, se manteña no tempo. Fixemos unha demanda a Renfe e respondeunos que vai traer unha persoa para que estea na estación do tren de Burela, a partir do primeiro de marzo e ata finais de ano, polo menos atendendo as demandas dos usuarios, explicando ben como hai que facer para ir nos trens, os horarios, etc… Sería unha información global de todos os servizos que se prestan aquí, desde a nosa estación de Burela. Pensamos que é un bo paso para que se lle vaia dando a importancia que se debe ao tren, tanto desde Ferrol ata onde remata no País Vasco, pero que teñamos, sobre todo, na zona de Ortegal, Ferrol e A Mariña, un servizo que esteamos orgullosos de poder utilizalo”.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



