O Concello anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”. Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 20 de febreiro, no Rexistro do Concello de Cervo.
