OUROL .- A sindicato CIG-Ensino rexeita a decisión de suprimir o comedor escolar do colexio público de Ourol ” que daba servizo aos alumnos/as alí matriculados e que estaba atendido por unha cociñeira”.
Nota de Prensa
A CIG-Ensino rexeita a decisión da Consellaría de Educación de suprimir o comedor escolar do colexio público de Ourol
“A política do PP desde que está na Xunta é de continuo ataque aos servizos públicos e de discriminación do rural”
Ribadeo, 13 de abril de 2010.- Na Relación de Postos de Traballo da Consellaría de Educación, que se presentou o pasado 9 de abril, a Xunta elimina 71 postos de oficial e axudante de cociña e péchanse tamén ao redor de 20 comedores escolares. Un dos comedores dos 9 de Lugo que se pechan para o próximo curso é o comedor escolar do Colexio Público de Ourol que daba servizo aos alumnos/as alí matriculados e que estaba atendido por unha cociñeira. A CIG xa manifestou na reunión a súa oposición a este peche.
Para a CIG esta é unha medida máis dentro da política de eliminación e privatización dos servizos públicos que está a levar o PP na Xunta. Neste caso, aféctalle a un servizo público como o de comedor escolar que é un servizo fundamental á hora de fixar poboación no rural e de non discriminar a ninguén por vivir fóra das grandes aglomeración urbanas. Hoxe tócalle ao colexio público de Ourol pero mañá será calquera outro centro da Mariña. É mentira como quere facernos crer a Consellaría que se vaian aforrar cartos pechando comedores, porque os alumnos teñen que comer. Ou terán que desprazarse a outros colexios, co gasto que isto supón en transporte, ou privatizarase o servizo, como parece ser neste caso, mediante o uso dun “catering”, que non supón aforro de cartos, pero si peor servizo. Todo isto vai a traer repercusións moi negativas desde todo punto de vista: aumenta o perigo para os rapaces ao incrementarse os desprazamentos, empeora a súa dieta e empeora as xa difíciles condicións de vida do noso rural e complica a vida dos pais e nais.
Para a CIG é imperdoable que a Xunta estea eliminando postos de traballo nos centros públicos da Mariña -non só de cociña senón tamén de persoal docente deixando sen especialistas aos centros de ensino en algunhas materias- e diminuíndo considerablemente a calidade do ensino mentres non ten problema en aumentar ano tras ano as subvencións aos centros privados. A contención no gasto da Xunta de Galicia xa sabemos quen a vai pagar. Non os altos cargos, que van seguir mantendo o plus de por vida que supón 15.015,96€ anuais , nin os Xefes Territoriais, aos que se lles aumentou o salario en máis de 200 euros ao mes, nin as múltiples empresas que están a recibir asistencias técnicas para xestionar os servizos públicos. Van ser as traballadoras e traballadores da Xunta de Galicia e os cidadáns que van a sufrir estes recortes.
Desde a CIG reprobamos totalmente a decisión de pechar o comedor escolar de Ourol e esiximos os seu mantemento porque supón un paso máis no consciente e constante empeoramento ou eliminación dos servizos públicos. Ademais, porque lle afecta a unha zona rural da nosa comarca onde se fai máis necesario o mantemento deste servizo para potenciar o asentamento da poboación e para que non exista discriminación territorial cara os seus habitantes en canto acceso aos servizos públicos.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



