Cervo, 13 de Febreiro de 2020. O alcalde, Alfonso Villares, a Delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e outros membros da corporación municipal, presentaron este pasado martes a programación do Concello para este Entroido xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, Asociación de Veciños de Lieiro, Rebolaxe, Mulleres Rurais As Espalladoras, Asociación Alborada e CIT San Ciprián.
Os actos comezan coa Cena de Comadres organizada pola Asociación Alborada o vindeiro xoves 20 na Terrada O Noso Lar.
O Desfile de Entroido de Cervo terá lugar o domingo 23 de Febreiro. As inscricións estarán a disposición dos participantes de 17h a 18h no pavillón de Cervo, de onde sairá o desfile que será amenizado por unha charanga. Ao remate haberá un espectáculo e a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas. Os premios serán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas con produtos típicos de entroido. Para máis información os interesados poden chamar aos teléfonos 617 31 32 07 ou 982 55 76 13.
O luns 24 celebrarase a Festa Infantil de Entroido organizada polo Concello de Cervo na Praza dos Campos a partir das 17:30H.
O martes 25 levarase a cabo a Comida de Entroido organizada polo CIT San Ciprián no Restaurante Buenavista ás 14H.
A continuación terá lugar o Desfile de Entroido de San Ciprián a partir das 18H con saída na Praza dos Campos. Haberá 2.280€ en premios aos mellores disfraces e comparsas, ademais de vales de consumición nos locais de hostalería colaboradores e bolos preñados para os participantes. Ao remate do desfile amenizará un grupo de música e haberá venda de bolos preñados a cargo de A Rebolaxe.
As persoas interesadas en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Ciprián, chamando ao 982.59.51.57, en horario de mañá e ata o venres 21 de Febreiro incluído; e recibirán vales consumición para os establecementos hostaleiros locais.
Aceptaranse inscricións ata o luns 24 na Casa da Cultura pola mañá; e ese mesmo día na Praza dos Campos, dende as 16:00 ata as 17:30 horas; pero sen dereito a vales. Os participantes que desexen anotarse a partir das 17:30 horas do día do Desfile quedarán excluídos do concurso, pero poderán participar igualmente na marcha. Os premios entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os gañadores terán que recollelo co disfrace posto.
O venres 28 de Febreiro, como novidade, celebrarase o Baile de Entroido co grupo ÉPO-K organizado pola Asociación de Veciños de Lieiro. Haberá tamén unha chocolatada para os asistentes. A entrada é de balde.
O sábado 29 péchase a semana de Entroido no Concello de Cervo co Desfile de Entroido de San Román organizado pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras. Será a partir das 22:30H no Pavillón de San Román de Villaestrofe e estará amenizado polo Grupo Fénix. Repartiranse máis de 1.500 euros en premios aos mellores disfraces e o teléfono para formalzar a inscrición é o 656.272.802





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



