Trala saída do Reino Unido, sopran fortes ventos de axuste no gasto e axudas da Unión Europea. Os orzamentos dos seguintes sete anos teñen que facerse sen contar coa aportación do que era o segundo Estado membro en achega de fondos á UE. A isto súmase o necesario cambio de paradigma na acción política europea, en relación ás políticas de New Green Deal e á firme decisión da Comisión de centrase nun novo modelo produtivo máis verde. Esta transición, é obvio, costa moitos recursos en dúas direccións, fomentar o cambio e compensar o sistema. O obxectivo seguir sendo competitivos no medio de eses dous bloques mundiais: o americano de Trump e o Comunismo-capital chinés. Unha loita da que acaba de ser vítima, por certo, a Mobile de Barcelona, para satisfacción de VOX, moi gustoso de impulsar boicots. Pero iso é outra historia.
A conxunción das políticas de “green deal” e os obrigados recortes, son un dobre mortal para a economía de Galicia. Non porque non teñamos potencial, senón porque Feijoo leva 10 anos a velas vir e administrando no canto de xestionar, que é ben distinto. Os recortes encamiñados aos fondos de cohesión e tamén ás axudas na PAC significan que Galicia vai pasar unha época de axuste e precariedade para a que a Xunta do PP non fixo nada máis aló de prometer un rural novo con campañas bonitas, no que por certo cada semana quedamos sen poboación, nunha das nosas aldeas.
Galicia é rexión en transición para o período 2021-2027 o que é boa nova por poder optar aos fondos de cohesión pero aínda está por ver como afecta o Brexit nos recortes. No relativo á PAC, o dato do posible recorte dun 10% ou máis é unha seria ameaza ao noso campo porque 3 de cada 4 explotacións dependen das axudas para a súa rendibilidade. Galicia leva recibidos 900 millóns nos últimos 5 anos. A situación é grave e mentres o PP e o PSOE calan ás ordes das directrices das súas sedes de Madrid, a PAC non so importa en Galicia, e iso é moeda de cambio, para aquelas rexións con máis votos.
O que certamente é un desasosego é que a política europea, sempre a longo prazo, é predicible e dende a nosa administración non se fixo nada en relacións aos posibles cambios que estaban por vir e que son un duro golpe a Galicia. Non se traballou a posibilidade de potenciar o noso rural con calidade, dende a Xunta non se activaron outras medidas en busca de especialización e mesmo en aproveitar as políticas verdes no noso beneficio. Xuntamos esta realidade e a emerxencia industrial das nosas empresas e o panorama é bastante pouco esperanzador, mais aínda temos tempo se somos quen de gobernarnos sen dependencias.
Non escapa á esta parálise política o PSdG de Gonzalo Caballero, non é un tema menor que Nadia Calviño, ata onte responsable europea do orzamento, tiña datos moi importantes para que Galicia estivese un paso adiante nas decisións que permitiran respostas mellores ao envite, pero seguro que en Ferraz non estaban moi dispostos, iso que en Galicia no PSOE teñen un think tank … ideaGalicia lle chaman.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



