Viveiro, 17 de febreiro, 2020. A portavoz municipal do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, vén de remitirlle un escrito ao sr. Presidente e Responsábel da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, para instalo a actuar con urxencia na estrada de titularidade provincial CP-6502 que atravesa a parroquia viveirense de Chavín e conecta este concello cos concellos de Vilalba, Muras e Ourol. Un víal, denuncia Míriam: “estreito, de curvas perigosas sen visibilidade, que non conta con beiravías nin arcéns, cun firme en mal estado e intransitábel en varios tramos. Un vial, cuxa perigosidade se agrava ao carecer nas súas marxes de elementos de protección para @s condutores que circulan por esta estrada na que se atopan con pendentes e barrancos pronunciados en varios puntos do seu trazado.”
Os nacionalistas urxen á Deputación de Lugo para que a Área de Xestión Territorial do ente provincial leve a cabo a instalación de barreiras de protección na estrada de titularidade provincial CP-6502, na zona coñecida como A Maraleixa, posto que nas ultimas semanas viñeron facéndose traballos de tala de masa árborea nesta zona, onde as árbores que estaban nas marxes da estrada provincial e que servían de elemento natural de contención para os vehículos foron talados, co consecuente perigo engadido que supón para a veciñanza circular por esta estrada a diario sen contar con ningún elemento de contención nin barreira de protección, alertou a portavoz nacionalista.
Desde o BNG de Viveiro demandan tamén a renovación e colocación destas barreiras de protección e seguridade en todos aqueles tramos perigosos das estradas de titularidade provincial que discurren polo termo municipal de Viveiro (2604, 2610,3810, 6412, 6601, 6602, 6603, 6604, 6605, 6606, 6607, 6608, 6610, 6611, 6612 e 6613) e ademais que as barreiras de protección que se empreguen inclúa unha barreira de seguridade especial para motoristas e ciclistas co obxecto de reforzar a seguridade destes colectivos vulnerábeis, axudando a reducir a gravidade das lesións e evitae as posíbeis amputacións ou lesións medulares que podan sufrir en caso de accidente.
Por outra banda, e con motivo das numerosas queixas recibidas e o malestar da veciñanza polo lamentábel estado das estradas de titularidade do ente provincial, @s nacionalistas instan ao responsábel da Deputación a que poña en marcha a realización, desde os servizos técnicos do ente provincial, dunha auditoría de calidade permanente do estado das estradas de titularidade provincial (pavimentación, seguridade, trazados, sinalización horizontal e vertical, índices de siniestralidade, ano de execución de obras e actuacións de traballos posteriores de conservación e mantemento en cada unha delas) co obxecto de garantir que as empresas que realizan os traballos de mantemento e obras do Plan de Conservación e Mantemento Integral da Rede Provincial de Estradas cumpran correctamente co servizo contratado e a veciñanza poda dispoñer dunhas infraestruturas viarias de calidade.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



