Viveiro, 17 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro critica que a Xunta de Galicia rebaixou case un 30% os fondos do plan de mellora de camiños rurais para o periodo 2020/2021.
En concreto, o plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas para o período 2020-2021 destina 46.866 euros a Viveiro, polos 66.196 euros do 2017-2018 (19.330 euros menos).
Este fondo é un relevante instrumento de cooperación e axuda financieira ás entidades locais que impulsa a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural.
Ten como principal obxectivo subvencionar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños rurais, co fin de renovar esta rede viaria que sirve de acceso ás explotacións agrícolas do seus territorios, facilitando a accesibilidade ás parcelas de cultivo.
A pesar de que esta ía ser a “lexislatura do rural”, segundo manifestou o actual presidente, Alberto Núñez Feijóo, “os feitos reflicten que a situación é xusto a contraria”.
“Estas axudas para camiños rurais, en moitos casos, son o único crédito directo en forma de subvención que moitas entidades locais reciben directamente da administración autonómica, polo que aínda é menos comprensible que se aplique unha redución orzamentaria tan drástica”, sostén a alcaldesa de Viveiro, Maria Loureiro.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



