Lugo, 18 de febreiro de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun encontro informativo organizado en colaboración coa Asociación provincial de empresarios da primeira transformación da madeira de Lugo. Nesta xornada informouse aos empresarios forestais da provincia dos diferentes apoios que están á súa disposición para impulsar esta industria clave para Galicia, cunha facturación próxima aos 2300 millóns de euros en 2018, un 2% máis que o ano anterior, e con máis de 21.000 asalariados directos (2500 en Lugo).
Na súa intervención Conde incidiu na necesidade de crear valor a través do forestal, desde a primeira transformación á segunda transformación e o contract, para impulsar a bioeconomía e novos produtos de valor engadido vinculados con outros sectores. Así, sinalou que a utilización da madeira debe ser transversal na economía galega para que a Comunidade se poida diferenciar a través desta industria ligada ao medio rural.
O conselleiro fixo fincapé en que hai que seguir apostando pola formación, a innovación e o crecemento das empresas como clave para ser máis competitivos. Neste sentido, mañá está previsto que se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde de axudas da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), cofinanciada con fondos Feader, dotada con 10,4 millóns de euros para realizar investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.
Nas próximas semanas activarase así mesmo, tal e como xa se informou no Consello da Xunta, un programa por 2 millóns destinado ás empresas da segunda transformación da madeira e o sector contract, co que se apoiarán os investimentos dirixidos á valorización, potenciación, innovación e mellora neste eido. Ademais destes apoios específicos, no encontro informouse dos diferentes programas de financiamento dos que tamén se pode beneficiar o sector forestal. O obxectivo é chegar a 1900 emprendedores e pemes que impulsen proxectos que mobilizarán 300 millóns de euros.
Conde sinalou na xuntanza que a Administración autonómica é consciente da necesidade de impulsar un novo modelo industrial no ámbito forestal, que pense na bioeconomía como elemento de unión, defendendo que é compatible a protección do medio ambiente cun crecemento económico sostible, co obxectivo de contar cunha Galicia máis verde. Do mesmo xeito, incidiu en que a industria forestal permite fortalecer o rural e fixar poboación.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



