Cervo, 19 de febreiro, 2020. A CIG vai presentar este xoves 20 de febreiro, as alegacións ao proxecto de estatuto do consumidor electrointensivo na liña da proposta da tarifa industrial que a central ten elaborada dende outubro de 2018. Ademais, na xornada de mañá, a CIG continuará co calendario de mobilizacións en demanda dunha tarifa estábel, predicíbel e competitiva para o sector, desta volta cunha concentración ás 17:30 horas diante da fábrica de Ferroatlántica en Sabón.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denuncia que o proxecto de Real Decreto presentado polo Goberno español continúa sen establecer a estrutura para unha tarifa que axude a reverter a crise permanente na que viven este tipo de industrias con grandes consumos eléctricos a causa dos elevados custes da enerxía. Advirte que a redución na tarifa prevista proxecto de RD está vinculada nun 57% con medidas que non están dentro do propio estatuto ou, no caso de contemplárense no texto da norma, teñen un carácter compensatorio e dependen do que se aprobe nos Orzamentos Xerais do Estado.
Fronte a isto, a CIG reclama que se estableza a progresividade nas axudas, correspondendo a máxima axuda por MW á tarifa 6.4; así como liberar a tarifa das peaxes que non teñan unha relación directa co funcionamento do sistema eléctrico como as primas ás renovábeis, os pagos por capacidade, a segunda parte do ciclo do combustíbel nuclear ou o déficit tarifario, e que este custe sexa asumido polos Orzamentos Xerais do Estado para que non repercuta na factura que pagamos o resto de consumidores/as.
Ademais, proponse que, no caso das Comunidades Autónomas que exportan electricidade (como Galiza, que malia o parada das centrais térmicas segue producindo máis enerxía da que consume), as industrias electrointensivas instaladas nestes territorios sexan compensadas no 100% da peaxe de transporte, asumindo o custe o sistema eléctrico. “Galiza ten dereito a
Xunto a isto, a central sindical entende que hai que retirar do mercado maiorista (o chamado pool) as centrais hidráulicas e nucleares, que pasarán a cobrar por custes recoñecidos, xa que esta medida, ademais, produciría unha rebaixa xeral no prezo da electricidade que repercutiría tamén no funcionamento do sector.
No relativo ao CO2, a CIG demanda que, con cargo aos OXE e coa adecuada consignación para os anos 2020, 2021, 2022, 2023 e 2024, estas industrias poidan acceder á máxima compensación permitida pola UE, por competir con outras industrias similares instaladas en lugares onde non se limitan as emisións de dióxido de carbono.
Garantías de emprego e produción
Mais o esforzo social que supón aplicar esta rebaixa no prezo da tarifa eléctrica non pode saírlle de balde as empresas. Para a CIG resulta fundamental que se lle esixa ás compañías beneficiadas a obriga de facer investimentos e melloras nos procesos produtivos para manter e ampliar os niveis de emprego. E na mesma liña, respectar e mellorar as condicións laborais e sociais dos convenios.
A este respecto, Paulo Carril denuncia a incongruencia que supón que o Goberno español permita ás empresas seguir acollidas a estas axudas aínda cando reduzan até un 85% os seus cadros de persoal ou da actividade. “É necesario establecer garantías de mantemento do emprego e da produción e controis por parte da Administración sobre o cumprimento destas obrigas, porque doutro xeito o que se estará facendo será subvencionar as empresas para que marchen fóra, pero non evitando as ameazas constantes aos postos de traballo”.
Esta demanda cobra especial relevancia na nosa terra, tendo en conta o proceso que se vive nas fábricas de Alcoa San Cibrao, a situación de parálise da electrólise na planta de aluminio da Coruña ou os recorte na produción e as ameazas aos postos de traballo nas fábricas de Ferroatlántica de Cee-Dumbría e de Sabón.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



