Lugo, 26 de febreiro de 2020. A Deputación de Lugo instará á Xunta de Galicia a deter os recortes que se están a producir no Plan de Camiños e que afectan á provincia, principalmente ao rural. O responsable da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, explicou no Pleno deste mércores que a cantidade consignada para as axudas no Plan Marco de melloras de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas para as anualidades 2020 e 2021 en Galicia é de 12M€, unha redución de máis dun 25% con respecto as axudas dedicadas na convocatoria do 2018.
“Este novo caso de recortes afecta a todos os concellos de Galicia, e dun xeito especial a aqueles que contan cun marcado carácter rural, como sucede coa maioría dos da nosa provincia. Unha política de recortes que a Xunta ven desenvolvendo dende o ano 2016”, advertiu Arias. O Deputado explicou que “a cantidade anual que perciben os concellos reduciuse en máis dun 70% con respecto ao ano 2016, ó pasar de preto de 20 millóns anuais a só os 6 actuais”.
Os concellos lucenses recibiron 5,3 millóns de euros no ano 2016 para executar obras de melloras viarias. No seguinte plan marco, esa cantidade pasou ser de 4,12 millóns a repartir en dous anos, e dicir so 2 millóns de euros ao ano, unha redución do 63%. E no novo plan marco de 2020-2021, esta cantidade redúcese de novo, xa que os 4,12M€ pasan a ser apenas 3,06M€. Isto é, os concellos de Lugo pasaron a dispor de 5,3 millóns no ano 2016 a ter so 1,5 actualmente. A redución con respecto dos fondos do ano 2016 é do 71,7%. “Deixan esmorecer o rural, cada día pecha unha explotación na nosa provincia e xa se perderon 40.000 empregos no campo nestes anos que levan gobernando en Galicia”, argumentou Arias.
Cos votos de PSdeG e BNG a favor, a Deputación de Lugo insta á Xunta de Galicia a que abandone esta política de recortes e manteña as axudas para traballos de mellora na rede de camiños municipais, nun nivel que permita os concellos acometer as obras necesarias para garantir o bo estado desta rede de infraestruturas fundamental para o mundo rural.
Transparencia co Plan Ribeira Sacra
Por outra banda, a Deputación de Lugo tamén demandará transparencia á Xunta no que respecta ao plan de xestión da paisaxe cultural da Ribeira Sacra para o período 2020-2023. A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, lembrou que o pasado 10 de decembro o Executivo autonómico deu a coñecer nos Peares este plan, cun investimento que cifrou en 34 millóns de euros, anunciando “diferentes accións de mellora que non se detallaron”.
Denunciou Porto que “os asistentes a esta reunión non recibiron o texto do plan nin a súa correspondente memoria económica” e que na actualidade “a web da Xunta de Galicia non permite acceder a ningún documento oficial que leve o nome de Plan Ribeira Sacra”. “Non sabemos como se chega a esa cifra de 34 millóns, quen e como a vai xestionar, ou que accións concretas se contemplan”, reprochou a Deputada provincial, responsable da área de Turismo. García Porto lamentou tamén que aínda non se convocase “ningunha sesión nin comisión de elaboración ou seguimento”.
Drons na atención sanitaria no rural
A Deputación tamén elevará á Xunta de Galicia a súa petición para que estenda o uso de drons á atención sanitaria no rural. O Goberno provincial fixo unha proposta, aprobada na sesión plenaria, para que o Executivo autonómico amplíe o servizo que licitou en setembro de axuda aos peregrinos con problemas cardíacos a través de desfibriladores que chegarán mediante dispositivos aéreos non tripulados. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Ribera, apuntou que este tipo de programa non debe limitarse a actuacións vencelladas ao Camiño de Santiago, senón como unha opción para explorar a mellora na atención sanitaria en caso de doenzas cardíacas ou outro tipo de patoloxías nas que a intervención rápida resulta fundamental.
Residencia de Becerreá
A Corporación provincial aprobou por unanimidade a prórroga do convenio para construír a residencia de Becerreá, que vencía o vindeiro mes de abril, outorgando ao documento unha nova vixencia ata o 19 de decembro de 2023.




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



