Lugo, 27 de febreiro de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé, participou este xoves na apertura das xornadas técnicas que a empresa pública Tragsa ofreceu no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, un acto no estivo acompañado por Emilio José Pardo, xerente da Zona Lugo do Grupo Tragsa, e por José Antonio Mourelle Cillero, secretario xeral adxunto institución provincial, e no que salientou as posibilidades que lle abre esta empresa tanto á Deputación, como aos concellos, para prestar un mellor servizo público á cidadanía, unha vez que adquiriu a condición de medio propio da administración provincial tras entrar no seu accionariado o pasado mes de decembro.
“Dende a compra da acción que a Deputación fixo no mes de decembro a Tragsa, abriuse un conxunto de posibilidades tanto para a institución provincial, como para os concellos, que se poden beneficiar de encargos mediante convenios”, explicou Tomé Roca. Uns traballos que, entre outros, están vencellados á xardinería, ás obras en estradas ou a actuacións medioambientais.
“Tragsa é un recurso moi importante no conxunto do Estado, pois ademais da Deputación de Lugo, son outras 27 institucións provinciais de todo o país e varias comunidades autónomas as que traballan con Tragsa”, salientou o Presidente.
José Tomé tamén lembrou que a Deputación fixo a Tragsa o encargo do mantemento das zonas verdes provinciais “co compromiso firme de manter o emprego e as condicións laborais dos traballadores de SUPLUSA, xa que agora están integrados dentro do cadro de persoal desta empresa pública, cos mesmos dereitos e status laboral que tiñan”.
Estas xornadas técnicas, dirixidas ao persoal público da Deputación e dos Concellos, inclúen conferencias e debates sobre casos prácticos das intervencións de Tragsa noutras deputacións españolas, o réxime xurídico, a xestión de expedientes e a vinculación desta empresa coa provincia de Lugo, entre outros asuntos.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



