
SANYO DIGITAL CAMERA
Ribadeo, 27 de febreiro de 2020. O Concello de Ribadeo saca a licitación o lavado dos contedores verdes. A duración do contrato será de tres anos e o presuposto total 45.600 euros (IVE incluído). As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de marzo. O anuncio está publicado na Plataforma de Contratación do Estado.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo: “desde a Área de Medio Ambiente informamos que ven de publicarse na Plataforma de Contratos do Estado, a licitación do lavado dos contedores verdes. O contrato que ten unha duración de tres anos, sería para todo o concello de Ribadeo, incluíndo parroquias e vila”.
O edil explicou que “todas as empresas teñen de prazo ata o 11 de marzo de 2020 para presentar as súas ofertas e entregalas dixitalmente ou ben a través do Concello. Indicar que o prezo é 15.200 euros anuais destinados a este tipo de traballo que se fará en varias fases, unha previa á Semana Santa, outra sería en xuño, outra en agosto e outra antes do Nadal, todo isto en función das necesidades que poidamos manexar. En total son aproximadamente preto de dous mil lavados ao ano. Trátase dun contrato bastante suculento que ven reforzar ao que había anteriormente”.
Novos contedores
Díaz Freije tamén contou que “recibimos esta semana unha partida de contedores, co convenio de Ecoembes, para a recollida selectiva. Son contedores amarelos e azuis. Aproximadamente son 50 en total, tanto dunha cousa como de outra, que en poucos días irán para as necesidades que poida haber, para substituír algúns, reforzar ou o que faga falta”.
O concelleiro de Medio Ambiente recalca a necesidade de concienciar á poboación na reciclaxe: “fago unha chamada un pouco ao compromiso da cidadanía, que cada vez sexamos coherentes co que facemos e responsables cos nosos residuos, sempre promover toda a reutilización e con responsabilidade seguir adiante”.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



