Ribadeo, 27 de febreiro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anima aos propietarios de vivendas sitas nos Aris de Ribadeo e de Rinlo a solicitar subvencións para rehabilitar estes inmobles. As axudas poden pedirse ata o 30 de xuño.
Coa publicación da modificación das bases reguladoras da convocatoria polo sistema de concorrencia competitiva de subvencións para a rehabilitación de vivendas sitas nas áreas de rehabilitación de Ribadeo e Rinlo, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 22 de febreiro de 2020, previa aprobación en sesión plenaria do día 6 de febreiro de 2020, ábrese un novo prazo dende o día seguinte da publicación no BOP ata o 30 de xuño para solicitar as axudas.
Poderanse consultar tamén as Bases Reguladoras nas dependencias municipais e través da sede electrónica do concello de Ribadeo. O rexedor lembra que “a contía da subvención a recibir a fondo perdido no caso máis óptimo poderá chegar ata 16.000 euros. Para levar a cabo obras de rehabilitación deberán contar coa correspondente licenza municipal de obras. O prazo para rematar estas obras e poder xustificar a subvención remata o 15 de novembro do 2021”
Os criterios se selección son os seguintes: mellora das condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas; presenza significativa da unidade da edificación no espazo público; por razón socio económica; e medidas de aforro enerxético.
Suárez Barcia anima “a todos os propietarios a solicitar estas axudas, e seguir na liña de contribuír á rehabilitación, facendo entre todos que os cascos vellos sexan cada vez máis novos”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



