A recente visita ao estado español do relator da ONU sobre a pobreza extrema e os dereitos humanos, Philip Alston, amosou unha situación de exclusión impropia de sociedades co PIB e renda per cápita das europeas. O moi elevado nível de desemprego, a extrema desprotección do dereito á vivenda e a pobreza xeralizada de minorías como a cigana e das persoas con diversos níveis de discapacidade cualifican ao estado español como aquel que acubilla sociedades das máis inxustas da Europa, quizais hoxe só por baixo de Grecia ou Romenia.
É probábel que a extrema desigualdade española non sexa tan punxente na Galicia, malia que Alston critique ácedamente a desprotección á que condenamos a nosa poboación rural e, sobre todo, a poboación maior galega que vive no mundo rural.
Os problemas da pobreza severa e. sobre todo, dos riscos graves de exclusión, son problemas para sermos abordados con eficiencia. É dicir, axiña e a xeito. Os bombeiros, as urxencias sanitarias ou a policía de seguranza atenden cadansúa urxencia nos 5 minutos posteriores á alarma. As urxencias sociais (mulleres que marchan do seu fogar por mor dunha traumática separación, familias monoparentais, persoas que esgotan prestacións ou sofren o despexo da súa vivenda) requiren intervencións inmediatas.
E velaiquí o fracaso do modelo actual dos servizos sociais na nosa Galicia. Non podemos destragar o labor das persoas responsábeis dos servizos sociais enchendo papeis ou fornecendo outros requisitos burocráticos. Precisamos, pola contra, intervencións urxentes e eficaces destes profesionais públcios.
E tamén precisamos que as ONG desenvolvan o seu traballo estruturando eficientemente o voluntariado para a mellor fin dos programas que determinen os servizos sociais públicos. As ONG poden ser eficaces instrumentos de colaboración, mais nunca facer a guerra pola súa conta. Quizais no canto de recollermos alimentos haberíamos implementar o cheque-tenda.
A medida política chave para posibilitarmos esta caste de políticas eficientes é a renda social básica. Que todo cidadán poida percebir unha renda faga o que faga. Financiariámola parcialmente con moitísimas axudas asistenciais xa existentes (subsidio por desemprego, RISGA, axudas locais…), garantiría a subsistencia digna da case totalidade da cidadanía, evitaría o dumping social que sofrimos as empresas que pagamos consonte coa lei e a dignidade humana e permitiría que os servizos sociais da Xunta e dos concellos traballasen eficazmente na prevención e reversión da exclusión social.
Alarmas sanitarias, alarmas de lume…alarmas sociais. É tan difícil humanizar e desburocratizar a loita contra a pobreza e a exclusión?





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



