Ribadeo, 11 de marzo de 2020. O Concello ven de instalar carteis informativos sobre hixiene de mans e respiratoria no Centro de Atención a Persoas Maiores e no Hospital Asilo, seguindo as indicacións do Ministerio de Sanidade. Ademais foron colocados nas zonas de recepción e salas de espera dispensadores con solución hidroalcólica, ao igual que no Concello, na Escola de Música e no centro de Servizos Sociais do Auditorio Municipal, segundo deu a coñecer hoxe a concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire.
A edil explicou que “o Concello, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, ven de instalar nos dous centros residenciais municipais: o centro de atención a persoas maiores e o hospital-asilo, carteis informativos sobre a hixiene de mans e a hixiene respiratoria. Igualmente se dispuxo para que nas zonas de recepción e salas de espera, fosen instalados dispensadores con solución hidroalcólica e paneis informativos de cómo usalo”.
Mónica Freire subliñou que “tamén se están a extremar as medidas para a inscrición no libro de rexistro dos visitantes a estes centros, os que tamén ineludiblemente han de hixienizar as mans coa solución hidroalcólica, previo acceso aos centros en cuestión”.
A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “co mesmo ánimo de prevención instaláronse dosificadores no Concello, na Escola de Música e no centro de servizos sociais do auditorio municipal”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



