Ribadeo, 12 de marzo, 2020.ABANCA achégase ás necesidades de crédito do tecido empresarial e comercial deRibadeo, a través dun novo convenio de colaboración en condicións melloradas para tódolos seus asociados.
O convenio foi subscrito esta mañá en Ribadeo polo director da oficina de ABANCA en Ribadeo, Ángel Luis Macía Regueiro,e o presidente de ACISA, Francisco Miguel Irarte Quintana.
Grazas a este convenio,o banco pon a disposición dos asociadosun plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permitentanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade dos proxectos que os asociados leven a cabo.Así, os empresarios desta comarcacontarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ouleasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. Os asociados teráná súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterioreao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.
Do mesmo xeito, os asociados poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais.ABANCA, ademais, poñerá a súa disposición a banca electrónica, o Bróker Online ou ABANCA Pay.
Apoio ao comercio local e de proximidade
Os asociados tamén se poderán beneficiar de TPVs físicos e virtuais con grandes vantaxes así como do servizo Alavuelta, que permite aos comercios coñecer as claves do seu negocio, atraer a novos clientes e fidelizaros que xa teñen. Ao coñecer a información de toda a operativa dos TPVs de ABANCA e o patrón de compra dos seus clientes con tarxeta, que garante en todo momento o anonimato dos mesmos, os comercios poderán perfeccionar as súas estratexias de venta e adaptarse aos novos comportamentos de compra dos usuarios.
Este servizo enmárcase no compromiso que mantén ABANCA co comercio local e de proximidade, beneficiando a comerciantes e empresarios, pero tamén aos seus clientes con servizos como Applázame que permite unha financiación inmediata e segura dende o móbil; así como dispor do Sistema Aplazosco que aumentar as súas vendas ao ofrecer a posibilidade de financiar compras de xeito sinxelo, rápido e económico.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



