Viveiro, 15 de marzo de 2020. O Concello de Viveiro trasladou esta mañá aos empregados municipais unha circular con medidas a adoptar no traballo diario da administración local durante os próximos días.
“Quero facer constar, en primeiro lugar, que estas medidas foron adoptadas en aras a preservar e garantir a seguridade e saúde pública velando tanto polos empregados municipais como polos veciños e veciñas de Viveiro”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Considérase que debe prevalecer en todo caso a garantía sanitaria, evitando na medida do posible os contactos persoais co ánimo de minimizar os posibles contaxios, mantendo en todo caso os servizos prioritarios.
“Somos conscientes dos prexuízos que se poden ocasionar á cidadanía coa suspensión de determinados servizos, trátase de decisións difíciles, pero consideramos que a situación actual é o suficientemente extraordinaria como para xustificar que se prime a seguridade pública sobre a prestación de servizos non esenciais”, engade a alcaldesa.
O concello entende que o mantemento da totalidade de servizos públicos da administración local, aínda que se adoptasen medidas de seguridade específicas como traballo a porta pechada, mantemento de distancias de seguridade en oficios externos, etc, non garante a posibilidade de contaxios, podendo incluso contribuír á propagación do virus.
Considera polo tanto que ante este estado de alarma, por responsabilidade e en aras a contribuír á minimización dos contaxios, a única medida que cabe adoptar por parte desta administración local é o peche de todos os servizos públicos non prioritarios, sinalados no propio decreto.
Mantéñense os servizos públicos esenciais e habilítase un número de teléfono para garantir a dispoñibilidade en caso de urxencias ou necesidades inaprazables da cidadanía (982 570909). Este teléfono será atendido polo persoal de Protección Civil, que será o encargado de comunicar á xefatura de cada departamento as necesidades xurdidas.
Deberán cumprirse todas as excepcións establecidas no Decreto desta Alcaldía para postos de traballo concretos, co fin de manter os servizos prioritarios e esenciais. Tendo en conta que gran parte das instalacións municipais permanecerán pechadas durante este período encoméndase ao servizo de Protección Civil a inspección periódica destas instalacións, sempre e en todo caso, sen interferir en todo caso estas encomendas ao servizo de rotección Civil nas labores que lles poidan ser encomendadas en virtude do Real Decreto polo que se declara o estado de alarma.
Lémbrase neste sentido que todo o persoal municipal durante este período estará, en todo caso, localizable e dispoñible para atender calquera necesidade. Esíxese un exercizo de total responsabilidade a todo o persoal municipal, que deberá colaborar nas tarefas que, dentro das súas funcións, lle sexan requiridas.
O persoal de servizos administrativos deberá, sempre que resulte posible tecnicamente, realizar o desempeño das súas funcións dende os seus domicilios, mediante o uso da plataforma de administración e xestión electrónica municipal, realizando a consulta diaria ás contas de correo electrónico propias e corporativas e colaborando en todo o posible para garantir a continuidade de cada un dos servizos.
Cómpre recordar a todo o persoal municipal que estas medidas foron adoptadas para garantir a seguridade e saúde pública polo que, en tanto non teñan que acudir aos seus centros de traballo deberán permanecer nas súas vivendas cumprindo estritamente as medidas decretadas no estado de alarma. Trátase dunha medida extraordinaria co fin de ser consecuentes coa situación actual e contribuír entre todos a minimizar o efecto desta pandemia, esixindo que por todos os traballadores se valore como tal e se actúe en consecuencia. Esíxese responsabilidade e colaboración para conseguir entre todos superar esta crise sanitaria.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



