Lugo, 20 de marzo, 2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) pídelle ao Goberno, en respaldo ao comunicado realizado pola Confederación Empresarial de Hostelería de España, máis medidas de tipo fiscal e administrativo con carácter de urxencia para facilitar a subsistencia dos negocios hostaleiros da provincia e de todo o país.
O presidente da Apehl, Cheché Real, apela á “sensibilidade e responsabilidade do Goberno para suavizar ao máximo os efectos tan devastadores que esta crise está a ocasionar”.
Desde Apehl consideran insuficiente o paquete de medidas económicas anunciadas polo presidente do Goberno para paliar os efectos do coronavirus. Aínda que recoñecen o esforzo do Goberno de España para frear os efectos económicos desta pandemia ao mobilizar ata 200.000 millóns de euros, cren que “medidas como a flexibilización dos ERTES e as destinadas a garantir a liquidez das empresas axudarán, sen dúbida, ao conxunto do tecido empresarial; pero faise necesario adoptar máis medidas para evitar a quebra dos máis de 300.000 negocios hostaleiros que temos no noso país”.
Tendo en conta o prexuízo que está a ocasionar a crise do coronavirus aos autónomos do noso sector, consideran necesaria “a suspensión da cotización dos autónomos de hostalería” e reivindican tamén “a suspensión de calquera obrigación de pago dos establecementos hostaleiros ás administracións, como son o pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e resto de impostos municipais como poden ser os impostos das terrazas”. Por isto, estenden as reivindicacións a outros ámbitos administrativos, como os Concellos e a Comunidades Autónoma, quen teñen competencia directa neste tipo de impostos.
Engaden que “tamén se fai necesaria a supresión de todas as taxas e impostos en todas as subministracións de enerxía e a renegociación de pólizas e un financiamento bancario con maior flexibilidade”.
Así mesmo, solicitan “a suspensión das obrigacións económicas dos establecementos hostaleiros cos arrendadores dos seus negocios, posto que estes non están no seu normal funcionamento”.
Desde Apehl alertan una vez máis da situación á que se enfrontan os negocios hostaleiros da provincia, os cales dan emprego a moitos traballadores e son parte fundamental na nosa cultura, punto de encontro e de socialización.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



