Barreiros, 23 de marzo, 2020. Ante as novas saídas nesta fin de semana que afectarían ao Centro de Saúde de Barreiros, e a falta de comunicación oficial algunha, a alcaldesa vén de dirixirse á Xerencia do HULA e á Xefatura territorial de sanidade para trasladarlles o seguinte escrito 👇🏻
“Tras as noticias aparecidas nesta fin de semana a respecto da posibilidade de peches de centros de saúde para centralizar a atención sanitaria en centros máis grandes, entre os que se atoparía o centro de Saúde de Barreiros: o goberno municipal de Barreiros, sendo coñecedores da situación excepcional que se está a producir, pero tendo tamén consciencia de que a poboación maioritariamente usuaria do centro de saúde de Barreiros se corresponde con poboación de risco, manifestamos o seguinte:
Primeiro.- É preocupante que se opte por unha medida deste tipo, centralizando a atención nun único centro para a poboación de varios Concellos, cando todas as indicacións que se teñen trasladado á poboación van no sentido de evitar aglomeracións e/ou lugares concorridos.
Segundo.- Existe un importante número de persoas usuarias “habituais” do centro de saúde que teñen que poñer tratamentos ou curas permanentes (Sintrom, curas, etc.) que son poboación de risco, ben por idade ou por ser enfermas crónicas. As indicacións para estas persoas é que eviten as saídas e os contactos. Nese sentido, cremos fundamental garantir a seguridade das persoas usuarias en situación de risco, ás que se obrigará a desprazarse, nalgún caso a máis de 20km dos seus fogares para unha atención sanitaria básica. Debemos ter en conta tamén que moita desta poboación carece de medios propios para o desprazamento o que a obrigará a tomar transportes colectivos ou outras opcións que poden ser de dubidosa oportunidade nesta situación.
Terceiro.- Cómpre que por parte do SERGAS se traslade unha información detallada á poboación e a esta institución municipal, especificando as razóns de tal decisión e se se tiveron en conta outras alternativas que puideran facilitar o acceso da poboación máis vulnerable en condicións de seguridade.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


