Lugo, 5 de abril de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anuncia que a institución provincial pon a disposición da Xunta de Galicia os cinco centros residenciais que construíu e que ten en proceso de apertura para a súa utilización se é necesario para afrontar a crise do coronavirus Covid-19, co destino que a Administración galega considere, ben de asistencia sanitaria, aloxamento ou calquera outro que sexa preciso.
Estas infraestruturas atópanse nos concellos de Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil. José Tomé explicou que tomou esta decisión en consenso cos alcaldes destes municipios, cos que mantivo unha conversa para abordar e acordar esta medida de forma conxunta. Ademais, engade que “poñemos a disposición as infraestruturas e os servizos e equipos que teñen dispoñibles no interior estas residencias. Algunha delas está máis avanzada que outras en canto a dotación de equipamento, pero todas poden ser útiles para facer fronte a esta situación de emerxencia, e máis cando, segundo o propio Presidente da Xunta, se achega o peor da crise sanitaria en Galicia”.
Nestas cinco residencias da Deputación poderíanse habilitar máis de 100 camas de xeito directo, ao que habería que sumar a posibilidade de acondicionar espazos comúns que terían capacidade para máis de 100 camas máis, polo que se porían a disposición máis de 200 camas individuais.
Para explicitar esta oferta, este luns o Presidente da Deputación enviaralle unha carta ao Presidente da Xunta formalizando a vontade de colaboración da institución provincial lucense en todo aquilo que sexa preciso co Goberno galego.
O Presidente da Deputación asegura que o ofrecemento das residencias á Xunta para facer fronte á crise do coronavirus “responde á máxima lealdade institucional e vontade de colaboración coas que actuamos dende a Deputación durante estes momentos tan críticos, nos que debemos antepoñer o interese xeral a calquera outro e traballar unidos para gañarlle a batalla ao coronavirus canto antes”. “É o momento de que as administracións públicas traballemos con unidade, lealdade e coordinación”.
De feito, como lembrou José Tomé, a Deputación púxose xa noutras dúas ocasións a disposición da Xunta para colaborar na loita contra esta crise sanitaria. “Despois, cando pase todo isto, será o momento de analizar o que pasou e a responsabilidade de cada quen”. “Ademais de eficacia, a unidade de acción crea certeza e confianza na cidadanía, algo fundamental para saír máis fortes desta situación”, asegurou.
Noutra expresión de lealdade e ánimo de colaboración, o Presidente xa puxo hai unha semana a disposición da Xunta de Galicia os medios da institución provincial para efectuar o reparto de material sanitario e de protección fronte ao Covid-19 entre os 67 concellos da provincia co fin de contribuír a axilizar o proceso de distribución dos equipamentos de protección e que se realice con criterios equitativos e xustos.
A Deputación de Lugo a través do Plan Único 2020 fai posible que os 67 concellos lucenses poidan destinar a gastos derivados da pandemia máis de 10,6M€, a maior cantidade que dedica calquera administración a este fin na provincia.
Lugo, 5 de abril de 2020



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



