1. Os esenciais:
Moitas das persoas que están a fornecer os servizos esenciais (sanitarios, dependencia e maiores, sociais, seguranza, mantemento e limpeza, produción e distribución alimentaria…) foron cualificadas no próximo pasado como xente doadamente substituíbel que non achegaban valor e, xa que logo, non xustificarían a actualización do salario mínimo. Agorta constitúen parte substancial da nosa capacidade de resposta social. No 1945 as clases medias e traballadoras de USA, Reino Unido ou Francia acadaron un “new deal”, un novo pacto social. A tensión social será, de seguro, unha constante no próximo futuro, para determinarmos de que xeito se distribúen os custos da reconstrución.
2. A saúde é o o primeiro.
A máis prezada conquista do Estado do Benestar é a saúde pública, universal, gratuíta e de calidade. As retalladas austericidas degradaron dende 2008, de xeito moi substancial, a capacidade de resposta das sanidades europeas, nomeadamente, para o que nos importa, da sanidade galega. Para pandemias futuras cumprirán reservas estratéxicas de recursos para emerxencias sanitarias. E, sobre todo, máis respecto e máis diñeiro para o persoal sanitario.
3. Xestión de proximidade e gobernanza en rede vs centralismo radial.
Alemania e Suiza están a atender a emerxencia dende a coordinación en rede, consensuando as actuacións na escala federal.
O Goberno do Estado non se decatou das vantaxes comparativas do Estado plural e descentralizado e quixo impór un Mando Único e unha emerxente militarización cando as solucións eficaces son as de proximidade e a gobernanza máis resiliente é a horizontal en rede. Velaí a deficiente recentralización da merca de material sanitario, mesmo con requisas contraproducentes. Os Ministerios até descoñecen onde están as infraestruturas e recursos esenciais dos territorios.
4. Investigación, innovación, tecnoloxía!
Estamos a pagar as retalladas da Grande Depresión no I+D+i. Galicia inviste só o 0,87% do seu PIB en I+D+i. A investigación e a innovación non se poden inventar en quince días. Só se recolle cun traballo de semente e desenvolvemento continuado, avaliado e eficaz.
A pandemia actual amosa a importancia das tecnoloxías para manter conectada unha sociedade, extender o t eletraballo e garantir o fornecemento de enerxía. Como di o empresario galego Ferreira Dapia “tecnoloxizarse ou morrer”.
5. Reindustrialización de proximidade e autonomía alimentaria
Non podemos depender nas nosas actividade esenciais de liñas de fornecemento lonxanas e de poucos territorios-factoría. Temos níveis de formación, enxeñería e teconoloxías abondo como para tentar un grande salto reindustrializador. Cómpre apostar pola máxima conectividade física e de telecomunicacións e a enerxía máis barata posíbel para este repto.
Non é viábel nin económico depender de producións alimentarias esóxenas. A autonomía alimentaria garantirá a calidade e regular fornecemento dos mercados e inxectará no tecido produtivo, nomeadamente no galego, os beneficios da economía circular, que inviste aquí o que aquí xera.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



